Saltar ao contido

Co seu ẍordo e constante mormorio

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «C'o seu xordo e costante mormorio»)





XVIII



Co seu ẍordo e constante mormorio
Atraim'o oleaẍen d'ese mar bravIo,
Cal atrai d'as serenas o cantar.
— N'este meu leito misterioso e frio,
Díme, ven brandamente á descansar.



El namorado está de min... o deño,
      y eu namorada d'el.
Pois saldremos c'o empeño,
Que s'el me chama sin parar, eu teño
Un-has ansias mortais d'apousar n'el.



<<<< >>>>