Alguns din, ¡miña terra!

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


I. Vaguedás (Follas novas)       Rosalía de Castro      
 


Alguns din, ¡miña terra!

AIguns din, ¡miña terra!
Din outros, ¡meu cariño!
Y este, ¡miñas lembranzas!
Y aquel, ¡ou meus amigos!
Todos sospiran, todos,
Por algun ben perdido.
Eu sô non digo nada,
Eu sô nunca sospiro,
Qu'ó meu corpo de terra
Y ó meu cansado esprito,
A donde quer qu'eu vaya
          Van conmigo.

Anterior:
¿Qué pasa ò redor de min?
Alguns din, ¡miña terra! Seguinte:
Ala, pó-la alta nòite

Fonte : I. Vaguedás. páxina 7