Ala, pó-la alta nòite
Aparencia
Ala, pó-la alta nòite
Ala, pó-la alta nòite,
A luz d'a triste e moribunda lámpara,
Ou antr'á negra oscuridad medosa,
O vello ve pantasmas.
—
Uns son árbores muchos, e sin follas,
Outros, fontes sin auguas,
Montes qu'a neve eternamente crube,
Ermos que nunca acaban.
—
Y ó amañecer d'o dia
Cando c'á ultima estrela aqueles marchan
Outros veñen mais tristes e sañudos,
Pois a verdade amarga,
Escrita trân n'os apagados ollos
E n'as asienes calvas.
—
Non digás nunca, os mozos, que perdeches
A risoña esperanza,
D'o qu'a vivir começa sempr'é amiga:
Sô enemiga mortal de quen acaba!...
Anterior: Alguns din, ¡miña terra! |
Ala, pó-la alta nòite | Seguinte: Paz, paz deseada |
Fonte : I. Vaguedás. páxina 8