Follas novas/A un batido, outro batido

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «A un batido, outro batido»)




XV



   A un batido, outro batido,
A un-ha dor, outro delor,
Tras d'un olvido, outro olvido,
Tras d'un amor, outro amor.

   Y ó fin de fatiga tanta
E de tan diversa sorte,
A vellés que nos espanta,
Ou ó repousar d'á morte.



<<<< >>>>