Cand'era tempo d'inverno

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


I. Vaguedás (Follas novas)       Rosalía de Castro      
 




XVI



   Cand'o era tempo d'inverno
Pensaba en dond'estarias,
Cand'era tempo de sol,
Pensaba en dond'andarías.
¡Agora... tan soyo penso,
Meu ben, si m'olvidarías!


<<<< >>>>