Saltar ao contido

A alma nena

En Galifontes, o Wikisource en galego.


A alma nena(Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    Oh alma ispida!
Ti non voas ó Mundo
a desposarte co neno que naceu?
    Hai roseiras de bágoas
que foron miñas
             e de Ela
    e dos que non sei Eu.

    Oh alma ispida!
    E ti voas ó mundo
a desposarte co neno que naceu!
    Cando seibas chorar...
    Cando queiras chorar...
    ó cabo dun morto camiño
                (que foi meu!)
    Qué silenzo...!
    Fai unha sombra verde...
    E agardareite Eu.


<<<< >>>>