A vida...
A vida... (Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
O meu amor...!
A Vida
prostituta e suicida
beila na noite dun cabaret
Todo iso mo contan as horas
Pola rúa
entrebada e ispida.
O meu amor...!
Onte rachei un verso
noctámbulo e descamiñado
Anestesia que levo
Todo iso mo contan as horas
Eu vou sumerso.
O meu amor...!
A vida
sin sabelo Ela
xa vai amañándome e agarimándome
Eu case a compadezo
Todo iso mo contan as horas
Alá vai unha estrela!
O meu amor...!
A Lúa metafórica
caladamentes
difúndese no ceo
A fonte virxe da praza prateada
é aínda tan sonámbula e metódica.
O meu amor...!
Dispóis hei de morrer
A Vida ha vir chorar cabo de min
Xa lle perdoarei...
Beila no cabaret endiamantado
Na rúa entrebada
un cantar de borracho a se alonxar
a se perder...
<<<< | >>>> |