Constitución española de 1978/Título X

De Wikisource


Escudo de España.svg

Constitución do Reino de España


Aprobada polas Cortes en sesións plenarias do Congreso dos Deputados e do Senado celebradas o día 31 de outubro de 1978, ratificada polo pobo español en referendo do 6 do mesmo ano e sancionada polo rei ante as Cortes o día 27 de decembro de 1978.  


Índice

 

Índice

[editar] Título X: Da reforma constitucional

[editar] Artigo 166

A iniciativa de reforma constitucional exercerase nos termos previstos nos apartados 1 e 2 do artigo 87.

[editar] Artigo 167

  1. Os proxectos de reforma constitucional deberán ser aprobados por unha maioría de tres quintos de cada unha das cámaras. Se non hai acordo entrambas, intentarase obtelo mediante a creación dunha comisión de composición paritaria de deputados e senadores, que presentará un texto que será votado polo Congreso e o Senado.
  2. De non se logra-la aprobación mediante o procedemento do apartado anterior, e sempre que o texto obtivera o voto favorable da maioría absoluta do Senado, o Congreso por maioría de dous tercios poderá aproba-la reforma.
  3. Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación cando así o soliciten, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, unha décima parte dos membros de calquera das cámaras.

[editar] Artigo 168

  1. Cando se propoña a revisión total da Constitución ou unha parcial que afecte o título preliminar, capítulo segundo, sección 1.ª, do título I, ou o título II, procederase á aprobación do principio por maioría de dous tercios de cada cámara, e á disolución inmediata das Cortes.
  2. As cámaras elixidas deberán ratifica-la decisión e proceder ó estudio do novo texto constitucional, que deberá ser aprobado por maioría de dous tercios de ámbalas cámaras.
  3. Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación.

[editar] Artigo 169

Non poderá iniciarse a reforma constitucional en tempo de guerra ou de vixencia dalgún dos estados previstos no artigo 116.

Ferramentas persoais