Constitución española de 1978/Preámbulo

De Wikisource

Crystal kbackgammon engine.png Esta páxina debe ser revisada para adaptala ás convencións expostas en Libro de estilo. A súa axuda e benvida.



Escudo de España.svg

Constitución do Reino de España


Aprobada polas Cortes en sesións plenarias do Congreso dos Deputados e do Senado celebradas o día 31 de outubro de 1978, ratificada polo pobo español en referendo do 6 do mesmo ano e sancionada polo rei ante as Cortes o día 27 de decembro de 1978.  


Índice

 

[editar] Preámbulo

A nación española, desexando que se estableza a xustiza, a liberdade e a seguridade e que se promova o ben de cantos a integran, no uso da súa soberanía, proclama a súa vontade de:

Garantir, dentro da Constitución e das leis, a convivencia democrática, conforme unha orde económica e social xusta.

Consolidar un Estado de dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular.

Protexer tódolos españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, das súas culturas e tradicións, das súas linguas e institucións.

Promover, para asegurarlles a todos unha digna calidade de vida, o progreso da cultura e da economía.

Establecer unha sociedade democrática avanzada, e

Colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre tódolos pobos da Terra.

En consecuencia, as Cortes aproban e o pobo español ratifica a seguinte Constitución.

Ferramentas persoais