Wikisource:Páxina de discusión

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Na Wikipedia existen dous tipos de páxinas de conversa, chamadas ás veces de discusión:

  • As páxinas de conversa asociadas a cada artigo, nas que se tratan temas relevantes só para ese artigo e que convén ler antes de mudar cousas no corpo do artigo por se cadra xa se debateron con anterioridade.
  • As páxinas de conversa de cada usuario, que se empregan para comunicarse cos demais usuarios e para deixarlles mensaxes.

Toda páxina conta cunha páxina de conversa a excepción das localizadas no espazo de nomes Especial:. Se aínda non se iniciou ningunha conversa sobre unha páxina, a ligazón para a súa páxina de conversa aparecerá en vermello. Pódese acceder a ela: serás quen primeiro o faga.

Acceso a unha páxina de conversa[editar]

Para acceder a unha páxina de conversa deberás procurar a ligazón que di conversa que aparece na parte superior da páxina.

Unha páxina de conversa engádelle Conversa: ao comezo do título da páxina principal. Este artigo que estás a ler está no espazo de nomes Wikisource, polo que a súa páxina de conversa asociada é Conversa Wikisource:Páxina de discusión. A Portada está no espazo de nomes principal, polo que a súa páxina de conversa é simplemente Conversa:Portada.

Se outro usuario edita a túa páxina de conversa de usuario, aparecerá automaticamente a mensaxe "Ten mensaxes novas" en todas as páxinas que visites mentres non vaias á túa páxina de conversa.

Uso das páxinas de conversa[editar]

Deberías asinar as túas contribucións escribindo tres ou catro tiles (AltGr+4):

  • (~~~ = O teu nome de usuario)
  • (~~~~ = O teu nome de usuario hora:minutos, día mes ano (UTC)).

Se vas tratar sobre o título da páxina ou propor que se xunte o contido co de outra páxina, menciona sempre a páxina actual: unha vez movida, as referencias a "este título" perderían sentido.

Nunha páxina de conversa, "esta páxina" refírese normalmente á páxina actual (ou sexa, a páxina á que está asociada a páxina de conversa). Se o que pretendes é falar da propia páxina de conversa, refírete a ela como "esta páxina de conversa".

O símbolo + que aparece ao lado de "editar esta páxina" permite que se cree unha sección automaticamente e pide xa un título.

Non é aceptábel a práctica do "spamming" ou "cross-posting", consistente en colocar mensaxes semellantes en varias páxinas de conversa, especialmente de usuarios, co propósito de solicitar algo. Non o fagas. Dálle tempo ao tempo.

Formato[editar]

O software que está detrás do wiki permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.

  • Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.
  • Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.
  • Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
    • colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
    • colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.

Un exemplo do primeiro é o seguinte:

Que tal o leite? --[[Bob]]
:Moi ben!! --[[Lisa]]
:Non está mal. --[[George]]
::Fíxenno eu! --[[Bob]]
Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse para [[Conversa:Leite]].. --[[Lisa]]
:Non estou de acordo. --[[George]]

Que produciría algo así:

Que tal o leite? --Bob

Moi ben!! --Lisa
Non está mal. --George
Fíxenno eu! --Bob

Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse para Conversa:Leite.. --Lisa</nowiki>

Non estou de acordo. --George

Frecha. Voltar a Wikisource:Axuda.