Saltar ao contido

Wikisource:Como trocar o nome dunha páxina

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Pódeselle querer mudar o nome a unha páxina (tanto unha que recén creada como unha atopada) por varias razóns, como as seguintes:

  • Hai un erro no título.
  • O título non se axusta ás normas do Galifontes.
  • O contido do texto sobrepasa o enunciado no título ou cobre só un aspecto ou non se corresponde.

Os termos "trocar o nome" e "mover" significan o mesmo neste contexto. Simplemente se refiren a modelos distintos de proceder:

  • trocar o nome: mantén a páxina tal e como está e dalle outro nome; o historial da páxina sigue co nome novo, créase unha páxina co nome vello que reenvía ao nome novo e o historial da páxina co nome vello rexistra a mudanza de nome.
  • mover: move o contido e a páxina do historial á nova páxina; troca a páxina vella nunha redirección; múdalle o historial da páxina para que só teña rexistrado este cambio de nome.

Dado que o sistema marca a páxina co nome vello como páxina nova, aplícase o primeiro dos dous modelos. Este modelo evita "mudar o historial", que sería unha especie de "revisionismo histórico". Un efecto curioso do funcionamento do sistema é que o troco de nome, que é en si un momento importante do historial da páxina non se recolle como tal: rexístrase indirectamente no historial da páxina de redirección.

Como proceder

[editar]

Para poderlle trocar o nome a unha páxina hai que estar rexistrado. Atención porque:

  1. A aparencia "Nostalgia" non oferece este botón;
  2. o botón está na barra rápida, ou sexa que esta debe estar activada (os administradores contan cun vínculo adicional na parte inferior da páxina).

Unha vez no artigo, preme no vínculo "mover" que hai nunha das pestanas superiores da páxina. Perguntaráseche polo nome novo da páxina e terás a opción de mover tamén a páxina de conversa do artigo. A menos que saibas o que estás a facer é máis seguro contestar que si. Fai clic en "mover páxina" e a páxina receberá o novo título inmediatamente. O título vello convertiráse nunha páxina de redirección.

Observacións

[editar]

A función "mover páxina" conserva o historial completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase sempre desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e atribucións non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluir unha nota na páxina de conversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.

A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movimento (exceito o que se vexa en "Cambios recentes").

Se o título novo xa existe e non é simplemente unha redirección sen historia (e, ás veces, mesmo así), o wiki dirache que non se lle pode mudar o nome ao artigo. Nesta situación, deberás xuntar manualmente as dúas páxinas ou (só se non hai contido real na páxina) pedir unha votación para que se elimine e, unha vez logrado isto, proceder ao troco de nome. O feito de mover un artigo para un que era unha redirección require que a redirección apunte para a páxina que se vai mover.

Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se siguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vinculos spaghetti". Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos. Porén, esta operación non a debes acometer inmediatamente: espera unhas horas para asegurarte de que ninguén se opuxo á mudanza de nome e desfixo a túa.

Convén que copies a mensaxe "Páxina ... movida para ..." á nova páxina de conversa, particularmente no caso de ter habido debate sobre o nome da páxina.

Desfacer

[editar]

Ás veces movemos cousas e logo lamentámolo, e no wikisource non hai o botón "Desfacer". Sen embargo, para desfacer unha mudanza feita da páxina A para a páxina B abonda con:

  1. mover a páxina B de novo para a páxina A;
  2. listar a páxina B (que agora é unha redirección sen historia) como {{lixoporque|A razón}} (ou borrala directamente se se é administrador).

Porén, no caso de a páxina A ter sido modificada con posterioriade ou se o software non funcionou como debera, só un/ha administrador/a pode amañar as cousas:

  1. borrar a páxina A (que se asegurará de que o historial non é relevante e engadirá créditos nunha páxina de conversa para compensar, de ser preciso)
  2. mover a páxina B para a páxina A.
  3. borrar a páxina B (que será unha redirección para a páxina A co historial en branco)

É insensato e pouco produtivo provocar "guerras de movimentos", que acabarán necesariamente en redireccións inúteis por todas partes. É preferíbel chegar a consensos, ainda que se consideren provisorios.

Imaxes

[editar]

Non é posíbel mudarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe. Todas as aparencias excepto "Nostalgia" teñen unha pestana "Mover" ou unha ligazón a "Mover" ou a "Mover esta páxina". Clicar nun destes vínculos leva á páxina Mover, que non funciona. Se tentas mudarlle o nome ao ficheiro da imaxe o que se produce é a mensaxe de erro seguinte: "Erro: non se puido enviar o formulario". Polo tanto, o método correcto para modificarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe consiste en enviar a imaxe outra vez co nome de ficheiro correcto e solicitar a eliminación rápida da primeira imaxe (a que ten o nome incorrecto) usando, por exemplo, o marcador {{lixoporque|Razón}}.

Fallos coñecidos

[editar]

Poden acontecer fenómenos estraños se se move unha páxina mentres outra persoa a ten ou se a súa páxina de conversa está a ser modificada. A versión actual do software ten en conta esta posibilidade, pero nunca se sabe. Comproba que todo está ben minutos despóis de ter trocado o nome.

Cando se move unha páxina, ás veces fica atrás a páxina de conversa, mesmo cando se solicitou expresamente que se movese. Pois iso, que pode acontencer. Igual que antes: comproba que todo está ben minutos despóis de ter trocado o nome.

Solicitudes de mudanzas de páxinas

[editar]

Se non sabes ou podes completar un movemento, pídello a un/unha administrador/a.


Frecha. Voltar a Wikisource:Axuda.