Saltar ao contido

Wikisource:Como facer táboas

En Galifontes, o Wikisource en galego.

As táboas poden resultar de grande utilidade na presentación de contidos. Este artigo trata dous temas: como crear táboas no Galifontes e como decidir se resulta apropiado usar unha táboa ou se é mellor recorrer a outro método para mostrar a información.

Creación das táboas

[editar]

Nas wikipedias as táboas, ou tabelas, pódense crear de dúas maneiras:

  • Utilizando o código HTML. Se coñeces esta linguaxe informática, pódela empregar para inserir táboas nos artigos.
  • Utilizando un código especial da wikipedia.

Código HTML padrón

[editar]
<table border="1" cellpadding="2">
<caption>Táboa de multiplicar</caption>
<tr><th>×</th><th>1</th><th>2</th><th>3</th></tr>
<tr><th>1</th><td>1</td><td>2</td><td>3</td></tr>
<tr><th>2</th><td>2</td><td>4</td><td>6</td></tr>
<tr><th>3</th><td>3</td><td>6</td><td>9</td></tr>
<tr><th>4</th><td>4</td><td>8</td><td>12</td></tr>
<tr><th>5</th><td>5</td><td>10</td><td>15</td></tr>
</table>

No navegador será algo así:

Táboa de multiplicar
×123
1123
2246
3369
44812
551015

Fíxate no exemplo:

  • A táboa comeza con <table> e remata con </table>, que é requirido.
  • A lenda (caption) é unha descrición breve da táboa que debe ir dentro do elemento <caption>, xusto depóis da etiqueta <table> inicial.
  • As fileiras da táboa son os grupos de celas horizontais. Comezan con <tr> (table row, en inglés) e rematan con </tr>.
  • Os cabezallos da táboa son as celas que levan, precisamente, os cabezallos, e que frecuentemente se mostran destacados - en negra por exemplo. Comezan con <th> (table heading en inglés) e rematan con </th>.
  • As celas de datos da táboa constitúen o resto. Comezan con <td> (table data en inglés) e rematan con </td>.

Aos elementos <td> e <th> chámaselles "celas", igual que nas follas de cálculo. Cada fileira debe ter o mesmo número de celas que as demáis para que o número de columnas sexa consistente (a non ser que haxa celas que se extendan por varias columnas ou fileiras, pero iso non se explica aquí: consulta a sección sobre tabelas nos documentos HTML na expecificación HTML). Se algunha cela está baleira convén usar o espazo que non quebra (&nbsp;) porque hai navegadores que non formatarían ben a táboa.

Se observas que a táboa non se mostra como esperabas, cerciórate de que todas as etiquetas HTML están aniñadas adecuadamente. Existe un servizo de validación proporcionado polo[W3C: W3C MarkUp Validation Service (Servizo de Validación de Código do W3C). Copia o URL do artigo e pégao na caixa de enderezo do validador. Este servizo é especialmente últil no caso de táboas longas e complexas nas que a inspección visual sería difícil.

Excepto o elemento </table>, non é preciso fechar os demáis (ainda que si recomendábel segundo o W3C). A táboa de antes sería así sen esas etiquetas finais:

<table border="1" cellpadding="2">
<caption>Multiplication table</caption>
<tr><th>×<th>1<th>2<th>3
<tr><th>1<td>1<td>2<td>3
<tr><th>2<td>2<td>4<td>6
<tr><th>3<td>3<td>6<td>9
<tr><th>4<td>4<td>8<td>12
<tr><th>5<td>5<td>10<td>15
</table>


É máis corto, a páxina é máis doada de manter e dase menos a que haxa erros.

Por se xa sabes HTML: os elementos thead, tbody, tfoot e colgroup non se poden usar na Wikipedia de momento.


Outro exemplo de código HTML

[editar]

Este exemplo é algo máis avanzado e mostra outras opcións disponíbeis para a construción de tabelas. Proba con estes atributos para comprobar o efecto. Sen embargo, coidado con abusar porque por unha parte o exceso de formato pode confundir e por outra haberá quen queira modificar o artigo e non se lle debe complicar a vida demasiado.

<table border="1" cellpadding="5" cellspacing="0" align="center">
<caption>'''Táboa de exemplo'''</caption>
<tr>
<th style="background:#efefef;">Primeiro cabezallo</th>
<th colspan="2" style="background:#ffdead;">Segundo cabezallo</th>
</tr>
<tr>
<td>superior esquerdo</td>
<td> </td>
<td rowspan=2 style="border-bottom:3px solid grey;" valign="top">
lado direito</td>
</tr>
<tr>
<td style="border-bottom:3px solid grey;">inferior esquerdo</td>
<td style="border-bottom:3px solid grey;">inferior centro</td>
</tr>
<tr>
<td colspan="3" align="center">
<table border="0">
<caption>''Unha táboa dentro dunha táboa''</caption>
<tr>
<td align="center" width="150px">[[Image:Wikibooks-logo.png]]</td>
<td align="center" width="150px">[[Image:Commons-logo-en.png]]</td>
</tr>
<tr>
<td align="center" colspan="2" style="border-top:1px solid red; 
border-right:1px solid red; border-bottom:2px solid red; 
border-left:1px solid red;">
Dous logos da Wikipedia</td>
</tr>
</table>
</td>
</tr>
</table>
</nowiki>

E así aparece:

Táboa de exemplo
Primeiro cabezallo Segundo cabezallo
superior esquerdo lado direito
inferior esquerdo inferior centro
Unha táboa dentro dunha táboa
Dous logos da Wikipedia

Código da Wikipedia

[editar]

Existe un "wikicode" especial para táboas que pode resultar máis doado que o código HTML habitual. Ademáis, a fonte é algo máis curta (10-20%). Pódese usar un convertidor de HTML a wiki en liña.

Observa este código wiki:

{| border="1" cellpadding="2"
!Nome
!Efecto
!Xogos nos que aparece
|-
|Pokeball
|Pokeball Normal
|Todas as versións
|-
|Gran Bola
|Mellor que un Pokeball
|Todas as versións
|-
|Ultra Bola
|Mellor que unha Gran Bola
|Todas as versións
|-
|Bola Mestra
|Captura calquer Pokémon sen fallar.
|Todas as versións
|}

... que se mostrará así no navegador:

Nome Efecto Xogos nos que aparece
Pokeball Pokeball Normal Todas as versións
Gran Bola Mellor que un Pokeball Todas as versións
Ultra Bola Mellor que unha Gran Bola Todas as versións
Bola Mestra Captura calquer Pokémon sen fallar. Todas as versións

Configuración do ancho das columnas

[editar]

Para forzar o ancho das columnas, en vez de aceptar o ancho do elemento de texto máis longo das celas dunha columna, fai como segue. Como se pode ver, o texto pasa á liña seguinte de xeito automático e non hai que comezar unha liña nova.

{| border="1" cellpadding="2"
!width="50"|Nome
!width="225"|Efectos
!width="225"|Xogos nos que aparece
|-
|Pokeball
|Pokeball Normal
|Todas as versións
|-
|Gran Bola
|Mellor que un Pokeball
|Todas as versións
|}
Nome Efecto Xogos nos que aparece
Pokeball Pokeball Normal Todas as versións
Gran Bola Mellor que un Pokeball Todas as versións

Configuración dos parámetros

[editar]

Ao iniciar unha cela, engade un parámetro seguido dunha liña vertical. Por exemplo, width=300px| fará que esa cela teña unha anchura de 300 píxeles. Para configurar máis de un parámetro, deixa un espacio entre eles. Fíxate neste exemplo:

{|
|-
| bgcolor=red|cell1 || width=300px bgcolor=blue|cell2 || bgcolor=green|cell3
|}

No navegador verase así:

cell1 cell2 cell3

Uso das táboas

[editar]

As tabelas constitúen elementos deseño perfectos para organizar información que se presenta máis adecuadamente en forma de fileiras e columnas. Exemplos disto son:

  • Táboas matemáticas
    • Táboas de sumar
    • Táboas de multiplicar
  • Listas de información
    • Palabras equivalentes en dúas ou máis linguas
    • O esquema Persoa, Data de nacimento, Traballo
    • O esquema Artista, Álbume, Ano, Discográfica

Cando non usar táboas

[editar]

As listas, porén, é mellor deixalas como listas moitas veces. Algúns artigos conteñen listas tan longas que resultarían moi difícil de modificar se estiveren en formato de táboa. Antes de darlle un formato de tabela a unha lista considera se esta é a maneira máis clara de transmitir a información. De non haber un beneficio claro no uso dunha táboa, non a uses.

Nas wikipedias as táboas non se deberían usar tampouco para a disposición gráfica, como se fai con frecuencia nas páxinas web. En particular, non se deben usar tabelas para colocar unha descrición a pé de foto, reunir un grupo de ligazóns ou outros deseños semellantes. Os artigos resultarán máis difíciles de editar e non é ese o propósito co que se crearon as tabelas.

Listas

[editar]
Listas moi longas ou, simplemente, listas

Se unha lista é bastante longo, ou relativamente simple, usa un dos formatos de lista padrón das Wikipedia. As listas longas resultan difíciles de manter se van dentro dunha tabela e, de todos os xeitos, as listas simples non precisan do formato de fileira e columna que fornecen as táboas. Velaquí varios exemplos de cousas que resultaría mellor facer con listas e non con táboas.

Usando táboas (Non fagas así)

[editar]
1976Fuxan os ventos
1977O tequeletequele
1978Galicia canta ó neno
1979Sementeira
1981Quen a soubera cantar
1984Noutrora
1999Sempre e máis despóis

Sen táboas (Fai así)

[editar]
  • 1976: Fuxan os ventos
  • 1977: O tequeletequele
  • 1978: Galicia canta ó neno
  • 1979: Sementeira
  • 1981: Quen a soubera cantar
  • 1984: Noutrora
  • 1999: Sempre e máis despóis

Disposición das imaxes

[editar]

Vense ás veces imaxes colocadas nun artigo mediante unha táboa. Isto faise porque, para situar a imaxe á direita ou á esquerda, antes úsabase o método de colocar unha táboa con dúas celas, unha co texto e outra coa imaxe. Pero isto era antes, con navegadores máis antigos e antes da aparición das follas de estilo. Pero agora a maioría dos navegadores procésannas sen problema. Recoméndase, polo tanto, dispor as imaxes usando un elemento chamado div.

Atoparás instrucións máis detalladas noutros lugares, pero aquí vai unha presentación rápida:

Usando táboas (Non fagas así)

[editar]

<table align="right" border="0" cellpadding="0"><tr><td>[[Ficheiro:Covalent.png]]</td></tr></table>

Sen táboas (Fai así)

[editar]

[[Ficheiro:Covalent.png|right|]]

Nos dous casos, o resultado é basicamente o meso; a imaxe "flota" cara a parte direita da pantalla e o texto que a rodea québrase arredor dela. Nun navegador verase así:

O enlace covalente é unha forma de enlace químico caracterizado pola compartición de un ou máis pares de electróns entre átomos para producir unha atracción mútua que mantén unida a molécula resultante. Os átomos tenden a compartir electróns de tal maneira que se enchan as órbitas exteriores. Estes enlaces son sempre máis fortes que o enlace de hidróxeno intermolecular e semellantes en forza ou máis fortes que o enlace iónico.

Os enlaces covalentes danse con maior frecuencia entre átomos con electronegatividades semellantes (altas), nos que se require demasiada enerxía para tirarlle un electrón a un átomo. Os enlaces covalentes son máis comúns entre os non metais, mentres que o enlace iónico é máis común entre un átomo de metal e un átomo dun non metal.

O enlace covalente tende a ser máis forte que outros tipos de enlace, como o enlace iónico. Ao contrario que nos enlaces iónicos, nos que os ións se manteñen unidos por unha atracción culómbica non direccional, os enlaces covalentes son moi direccionais. Como resultado, as moléculas con enlaces covalentes tenden a formarse nun número pequeno de formas características, mostrando ángulos de enlace específicos.

Véxase tamén

[editar]

Ligazóns externas

[editar]

Frecha. Voltar a Wikisource:Axuda.