Saltar ao contido

Wikisource:Benvidos

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Atallo:
WS:BV

O Wikisource é un repositorio en continua actualización, escrito grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web é un Wiki, iso significa que quenquera, incluído vostede, pode converterse en editor, e mellorar ou crear calquera artigo (Vexa o apartado Editando desta mesma páxina).

[editar]

O Wikisource contén unha enorme cantidade de información sobre os máis variados asuntos. Para explorar un asunto pode segui-las categorías: vaia á Portada e desde alí comece a navegación. Pode tamén buscar textos no contido ou nos títulos das páxinas. Pode usa-la caixa de busca que hai á esquerda e escribir na mesma o texto da procura. Cando o servidor estea saturado a opción de busca pode estar deshabilitada; neses casos será redirixido ao formulario de busca de Google que procura na base de datos da Wikisource. Hai modos alternativos de buscar no Wikisource.

Se vostede le algo que realmente lle gusta, ¿por que non deixa un apuntamento na páxina de discusión do artigo?. Primeiro seleccione o enlace discusión (pode atopalo nas lapelas de arriba) para ir á páxina de discusión. Logo seleccione editar, ou prema no + segundo desexe editar a páxina ou engadir un novo comentario. Sempre nos gusta recibir opinións. Se observa algún erro, pode segui-lo mesmo procedemento, coménteo na páxina de discusión, especialmente se intúe que poida ser un asunto controvertido.

Editando

[editar]

Calquera pode editar as páxinas do Wikisource — ¡incluso esta páxina! —. Prema no vínculo editar presente na parte superior da páxina (excepto naquelas que sexan páxinas protexidas) se vostede pensa que se precisa algunha mellora ou nova información. Para realizar esta acción, non necesita ningunha atribución en especial, nin sequera estar rexistrado (aínda que sería preferible que o estivese, vexa É preciso rexistrarse?).

Se quere experimentar primeiro, sen riscos de cometer erros, pode usar a Zona de probas, onde pode practicar os efectos da edición. Para comproba-lo resultado da edición dunha páxina como esta, copie e pegue desde o modo de edición do artigo dentro da caixa de edición de Zona de probas, logo cando estea seguro do resultado xa pode facer unha edición real.

Un modo sinxelo de comezar axudando é usar o Wikisource coma se fose unha enciclopedia normal, e cando atope un problema — un erro na escritura dunha palabra, quizais, un parágrafo pouco claro— prema en editar e corrixa o problema (véxase Wikisource:Como editar unha páxina).

Políticas e normas

[editar]

Temos unhas cantas políticas e normas que debe seguir. Os tres principios máis importantes son NPOV, licenza GPDL e respecto:

  • Tódalas contribucións ao Wikisource son realizadas baixo a licenza GNU Free Documentation License (GFDL), agás aqueles q xa se atopen baixo dominio público. Isto asegura que os contidos do Wikisource poden distribuírse libremente para sempre. Por favor non publique ningún contido que teña copyright sen permiso do propietario do copyright. Ademais, o Wikisource non é unha fonte primaria polo que os seus contidos deben ser verificables (vexa Wikisource:Verificabilidade).
  • Respecto. O Wikisource non pode funcionar sen as regras do respecto mutuo e a cortesía practicadas por todos. Por favor, asuma unha postura de boa fe cando vostede discrepe con outro usuario, permaneza tranquilo e discuta as cousas civilizadamente. É unha boa práctica proporcionar un resumo (na caixa resumo que está debaixo da caixa de edición) ao corrixir unha páxina, que explique os cambios e axude a acepta-la necesidade deses cambios. Se vostede atopa que a súa edición se quita ou modifica, comprobe a historia da páxina, a súa páxina de charla, ou a páxina de charla do artigo para saber se hai razóns que o xustifiquen (Vexa Wikisource:Normas de conduta).

Non se desalente

[editar]

Se vostede se ve metido en conflitos nas súas primeiras incursións non abandone. En calquera proxecto de colaboración hai un proceso de aprendizaxe. Utilice o material de axuda que hai neste wiki para resolve-los problemas e para aprender como ser un colaborador activo e produtivo (se non atopa en Wikisource:Axuda o que desexa, pode recorrer á axuda en inglés, en portugués ou en castelán tendo en conta que sempre prevalecen as normas e convencións desta Wikipedia). Se hai calquera cousa que non entende pode comentalo na zona de discusión da comunidade, Wikisource:A Taberna, poña alí unha mensaxe e seguro que alguén quere axudarlle (vexa: Wikisource:Como contactar con outros usuarios). Divírtase.

É preciso rexistrarse?

[editar]

Non é preciso, non obstante existen vantaxes para vostede e para a comunidade se se rexistra:

1. O seu nome constará na lista de wikipedistas, así como a súa páxina de usuario.
2. A comunidade poderá saber quen é vostede, facilitando tamén a tarefa dos administradores que verifican constantemente se están ocorrendo actos de vandalismo.
3. Se está rexistrado pode modificar as súas preferencias de usuario.
4. Poderá participar en votacións, e todo tipo de decisións que se tomen no wiki e a súa opinión contará en todos eses casos.
5. As súas contribucións poderán verse nas páxinas de estatísticas.
6. Se algún usuario lle deixa unha mensaxe, o sistema wiki avisaralle e permitiralle acceder directamente ó comentario.

A súa identidade real queda sempre salvagardada. Para rexistrarse só ten que escribir un nome e un contrasinal. Pode, se o desexa, indicar o seu correo, é optativo, aínda que conveniente xa que, se esquece o contrasinal, poderáselle enviar outro. Pode rexistrarse no formulario de rexistro. Lémbrese de crear a súa páxina de usuario e entrar como usuario rexistrado cada vez que modifique algunha páxina. Vexa Wikisource:Como rexistrarse.