Wikisource:Babel
O proxecto Babel é un proxecto internacional que permite informar a un wikipedista das capacidades lingüísticas doutros.
Non todos os usuarios e colaboradores desta wikipedia falan e/ou escriben na mesma lingua. Para axudar a comunicarse, por favor clasifíquese a si mesmo segundo o coñecemento que teña das distintas linguas, engadindo a súa páxina usuario as categorías correspondentes. Por exemplo para a lingua galega: gl, para o inglés en, de para ao alemán, pt para o portugués, es para o castelán e así sucesivamente. Como información adicional os colaboradores poden especificar o nivel de coñecemento da lingua:
- 1 significa coñecemento básico: a habilidade de entender e respostar cuestións sinxelas nunha lingua.
- 2 significa coñecemento intermedio.
- 3 significa coñecemento avanzado: a habilidade de corrixir ortografía e erros gramaticais nunha lingua.
- A ausencia de código numérico indica que se trata da lingua materna do usuario.
Así de-1 identifica a un colaborador con un coñecemento básico de alemán, e gl-3 identifica a un usuario cun nivel avanzado de galego. As duas letras do código da lingua son os mesmos códigos cos descritos en ISO 639 (en inglés). (Vexa a lista completa de linguas coa súa propia Wikipedia).
Como engadir o seu nivel de coñecemento dunha lingua a súa páxina de usuario
[editar]Segundo o número de linguas que coñeza debe usar o modelo de marcador chamado Babel seguido do número de linguas que coñeza e os seus códigos correspondentes:
- Comezase escribindo {{subst:Babel- (onde o signo - debe sustituirse por un número)
- Logo engada o número de linguas que queira asignar ao seu modelo para logo visualizar, seguido do signo | (ata agora o sistema que deseñamos admite como máximo dez linguas pero se vostede coñece máis poden crearse novos marcadores para incluílas).
- ex. {{subst:Babel-3| para tres linguas
- A continuación hai que escribir os códigos das linguas que vostede fala, separados por |, onde xx é o código da Wikipedia para a lingua:
- xx-1 para nivel básico
- xx-2 para nivel intermedio
- xx-3 para nivel avanzado
- xx lembre se se trata da súa lingua materna ou ten un coñecemento comparable non necesita engadir ningún número.
- Remate pechando as chaves: }}
Dese xeito, por exemplo, {{subst:Babel-2|gl|de-1}} indica un galegofalante con coñecementos básicos de alemán. {{subst:Babel-4|gl|en-3|fr-2|es-1}} indica galegofalante cun nivel de inglés avanzado, nivel intermedio de francés, e coñecemento básico de castelán.
(Nota a parte subst: non é estrictamente necesaria, pero facilita o traballo aos servidores evitando que teña que buscar un modelo dentro doutro modelo.)
Vostede tamén pode engadir outros modelos de linguas seguindo o formato {{User xx-1}}.
Vostede tamén pode clasificarse como galegofalante mediante {{User gl}}, que inclúe automaticamente a páxina na categoría Usuario gl-N.
Os modelos que temos segundo o número de linguas (ata dez) son:
- {{Babel-1}} : unha lingua
- {{Babel-2}} : duas linguas
- {{Babel-3}} : tres linguas
- {{Babel-4}} : catro linguas
- {{Babel-5}} : cinco linguas
- {{Babel-6}} : seis linguas
- {{Babel-7}} : sete linguas
- {{Babel-8}} : oito linguas
- {{Babel-9}} : nove linguas
- {{Babel-10}} : dez linguas
Categorías e modelos de marcador
[editar]Exemplos das categorías e modelos necesarios, é importante seguir a orde de creación :
- Crear a categoría principal.
- Crear as subcategorías.
- Crear os modelos.
Engada a súa lingua (Add your language) aquí (here) se non está na lista (if it isn't in the next list).