Saltar ao contido

Versos gallegos a nuestra Señora de Reza

En Galifontes, o Wikisource en galego.


"Versos gallegos a nuestra Señora de Reza"       José Noguerol y Camba       1708
 


El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento de... 1708.

AL SEPTIMO ASSUMPTO. VERSOS GALLEGOS
à nuestra Señora de Reza, por avernos dado vn Principe
en nuestra Reyna, y Señora MARIA GABRIELA, por
vn Autor no conocido, ni dado à luz por mano de
D. Joseph Noguerol su mismissimo primo-
hermano.




ILustrissimo Señor,
Oy à miña Musa toda
Say à praza à pubricar
As honras da nosa Aurora
De Reza, q̄ è nosa imagen
Què en iste Probo se adora
Por Patroa singular,
Por Alegre, por Señora,
Por Galega, por Paisana,
Por ser de Ourense à alma toda.
Pero sepa su insolencia,


Que diz que toda esta obra
Se à de vèr polo Escrivano
Eo Fiscal botarlle à copra,
Eu apelo à sua Merced
De sentencia tan odiosa,
Que ò Escrivano è meu contrario
E serà à relacion torta,
Que istes Versos sejan meus,
Se tèn por cousa notoria,
E semos apunta mal,
De Poeta perdo à groria.





Dò Fiscal Dios cheme libre,
Si acaso à maldita solta
Se con quatro ollos me mira
Cando pra matar dous sobran,
Confiado no agasallo,
Que à miña Musa medrosa
Espera topar en todos
Empezo baya de Loa.
Virgen de Reza Sol puro,
Que alumbrache à España toda,
Dàndonos en Gabrieliña
vn meniño, que en Europa
A de assombrar os Reveldes,
E pisar à suas Coroas,
Que como ladròs furtadas
Tèn sin dàlas à quen tocan,
A de recobrar tamen

A Virgen bella, è dàr honra
A fè de noso Señor,
E aumentarà con tal sona,
Que hasta ò fin do mundo todo
Chege à sua fama heroica,
E despois destas ventajas,
E despois destas vitorias,
Veña à ò noso grande Apostol,
Beyjar os pès, è de bolta,
Veña à Ourense à vervos Virgẽ
Veña à darbos gracias moytas
De todas estas mercedes,
Que en cifra ban eiqui postas:
E desde agora convido
Os presentes para outra obra
Como esta, se è que vivimos,
Se non, quedaybos embora.


Véxase tamén

[editar]

Ligazóns externas

[editar]


Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 100 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.