Saltar ao contido

Vagalumes/Primaveira

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 



Primaveira


Xa os cogollos esbrochan das roseiras
e a campía se cobre de verdor;
xa os rapaces por fragas e silveiras
buscan niños de merlo e reiseñor.


Polos montes, por vales e riveiras
vai a vida mostrando seu fervor,
esparxendo fartura polas leiras
e nas casas deixando paz e amor.


¡Xuventude...! ¡Galicia...! ¡Primaveira...!
Novas roitas abertas, e a bandeira
frameando da santa Redención...


As vontades unidas nunha soia
co vencello da Fe, que é sagra xoia,
¡e pra todos namais un corazón...!


Pazo de Raxoi, Sant-Yago, primaveira do 1929