Vagalumes/Paisaxe do lusco e fusco
Aparencia
Na galliña dun salgueiro
o merlo tece sua cántiga,
entramentras baixa o sol,
mainiño, tras das montanas.
As somas van estricando,
lentiñamente suas azas,
a natureza afundindo
na noite escura e calada.
Detrás dos outos penedos
érse a lúa aluarada,
inqueda, lanzal, altiva,
rindo tola ás gargalladas.
Aferrolladas as portas,
metida a avenza nas coadras,
a xente dorme tranquía,
rendida pola labranza.
Tras da fiestra unha nena
inquire, abesulla, agarda...
Na revolta do camiño
escóitanse unhas pisadas:
Zampouse Antón do Currelo
da tía Chinta na casa.
Órdenes, outubro 1926