Vagalumes/Non sei

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 





Non sei por que te quixo, por que te amou noutrora,
nin sei por que te odia e te desprecia agora.
Misterios son da vida que a penetrar n'acerto
e mostran que acó embaixo nada hai estabre e certo.


Antre néboas escuras nosos días pasamos,
sin pensar de onde vimos nin pensar pra onde vamos.


A par de nós camiña a seca e irta Morte.
¡Felices, si acadamos a derradeira Sorte!...