Vagalumes/Nai
Aparencia
Ós que me deron o ser,
na lembranza sagra da irmanciña 151
Ouh nome doce, feiticeiro e sagro,
agarimoso nome de muller
que sentimos nos beizos cal miragro
na nosa edá primeira frolecer.
Nome, belo poema onde se encerra
canto de grande e santo hai baixo os Ceus;
escaleiriña sagra por que á terra,
pra darse polos homes, baixou 152 Deus.
Nome que é todo amor e caridade,
todo heroísmo, fe e abnegación:
nome, que ergueu a Dios153 a Humanidade
dende a data feliz da Encarnación.
Por sempre beizoado, nome sagro,
agarimoso nome de muller,
que sentín nos meus beizos cal miragro
na miña edá primeira frolecer.