Saltar ao contido

Vagalumes/Moxenas

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 





Pra meu curmán Gerardo,
con cariño de irmán.97


I


Cando un nace, todo é contento e alegría;
vén a morte: sospiros, bágoas, congoxas...
Neste mundo miserabre
andan do rivés as cousas...


II


Mentras te quixo, era un santo;
miragros 98 del só contabas.
Deixoute, e era un mal home,
un sinvergonza, un canalla...
¿Como qués que che den creto,
negando o que antes xurabas?


III


Din que ó que perde as espranzas,
máis lle valera morrer.
¡Eu perdinas, e non morro!
¡Xuzgade o meu padecer!


IV


Cando vexo caír as follas
xa secas aló no inverno,
vénseme as bágoas ós ollos
e dun cariño me lembro.
Prás doces ilusiós tamén ¡ai! chega
o tempo de caír cal follas secas...




V


Só unha vez na nosa vida
nos sorrí a diosa Fertuna.
A min surreume, mais foi
sua sorrisa unha bulra.


VI


Toca a gaita, gaiteiriño,
pois, anque eu non sei bailar,
o son dela é un lenitivo.


VII


Non sei que feitizo ten
pra min o son das campás;
porque, en ouíndoas, recordo...,
¡ai! e teño que chorar.


VIII


O mar freme e brúa o vento,
núbrase o sol, treme a terra...
¿Será, quizaves, chegada
a Resurrección galega?


IX


Co curazón baleiro,
vou polo mundo adiante
sin atopar remédeo.


X


Eternidá de penas,
eternidá de goces;
libertá de escoller:
leitor amado, escolle.


Vigo, 1925