Vagalumes/Maruxa
Pra todas e cada unha das nenas da Estrada, coa fonda ademiración que lles ten: o autor.
Xa ti rías, - xa ti chores,
xa te poñas - a cantar;
en ti sempre - os reiseñores
tén de abondo - que envexar.
Maruxiña xentil e garbosa,
xeitosa rapaza,
ti é-lo orgullo da terriña nosa,
ti a i-alma da raza.
Dos teus beizos vermellos e roxos
a sangue garexa;
nos teus ollos seu chan, todo antoxos,
Galicia refrexa.
De agarimos, amores, dozuras,
—doce melodía--
teu falar, que é falar de venturas,
celeste armonía.
O teu corpo cal xunco brandeas,
a gaita en tocando,
nas cibdades, nas vilas e aldeas,
todos te admirando.
De ti os mozos a treu se namoran,
¡que es moita muller!
e sorrisos 57 pra cantos te adoran
decote has de ter.
Meiga Maruxiña,
garrida rapaza,
a i-alma da raza
en ti xa encarnou.
Ti es toda morriña,
ti es toda ledicia;
ti, a mesma Galicia,
que en ti se trocou...