Saltar ao contido

Vagalumes/Inocencia

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 



Inocencia


- Nanai Rosa, o meniño inda dorme.
- Pois, quediños; deixaio dormir.
- ¿E acochámolo por mor do frío?
- Acochádeo, e fuxide de aí.


- ¿Por que choras, nanai? ¿Que tiveche?
- ¡Vós matáste-lo neno, bribóns!
¿Non viades que así afogaba?
- Nanai Rosa, ¿e sería o Cocón?


- Rapaciño, ¿onde vai o meniño?
- Morreu onte, e no ceo xa está.
- ¡Afogástelo vós ó cochalo!
- Nós non fomos. ¡Que o diga nanai!...