Vagalumes/Eu gardo
Aparencia
Dunha huchiña de ouro
nun curruncho escuro, eu teño agachado
un rico tesouro.
Un tesouro sagro,
rosa frolecida, frol arrecendente
cal vello miragro.
¡Cal miragro santo
inédito gardo no fondo da i-alma
o meu millor canto!