Vagalumes/Et Verbum caro factum est

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 




Coa lixeireza do raio,
en maxestade envolveito,
fendeu o espazo insondabre
Gabriel, mandado do Ceo.


Na sua homilde casiña,
María de Nazaret
en amorosos deliquios
deixa sua i-alma perder.


Escrava son de Dios 138, dixo,
ouvindo as verbas do anxo.
¡E foi nas súas entranas
entón o Verbo encarnado!