Vagalumes/Cántigas de Nadal

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 



Cántigas de Nadal


Durme, meu meniño, durme,
que eu, esperto,
do teu leitiño a carón,
por ti velo.


Sorrí, meniño, sorrí,
que á tua beira
ollando estou teus sorrisos
que o meu corazón aledan.


Fala, meu meniño, fala,
que as tuas falas
son pra min no mar da vida
o faro que amostra a praia.


Eu onda ti son felís
e sin ti non son nada,
porque somente en ti teño
caridá, fe e esperanza