Saltar ao contido

Vagalumes/Arela

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 





Nun curruncho fondo do teu peito
ter un cariño,
e no escuro mouro dos teus ollos
verme a cotío.
Nos teus ensoños
revoar ledo,
e escoitar falas aloumiñantes
deses teus beizos.


Cal niño de pombas, limpa e branca,
unha casiña
lá, na paz da aldea, onde todo
amor respira.
Nela decote
vivir contigo,
antre as caricias e os bicos mornos
dos nosos fillos.


Cos anos cangados, xunto ó lume
cos netos nenos,
recorda-los nosos tempos mozos
e días ledos.
E, cando queira
dispo-lo Dios,
o sono eterno durmir na tumba
de meus abós.