Vagalumes/¡Fai, bon Dios!

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Vagalumes       Xosé Manuel Cabada Vázquez       1931
 




Sobre da terra, o mantelo
esfiañado da néboa;
sobre sua i-alma, os farrapos
escuros da duda negra.


Ós bicos mornos do sol
esfanse as néboas da terra;
mais os farrapos da duda
da sua i-alma non se arredan.


¡Fai, Bon Dios, que sea bicada
polo sol de luz eterna!...