Usuario:Norrin strange/En proceso 1

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Nova poesía galega[editar]

Nova Poesía Galega é o título que leva a 1ª Declaración do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, e que data de xullo de 1988. A versión do texto escollida é a que aparece na Agence Presse Associative, e reescrita con galego normativo.


Nova Poesía Galega       Descoñecido (EGPGC)      
 


(En vermello, o texto por arranxar.)

Introdución[editar]

Esta PRIMEIRA DECLARACIÓN pretende ser unha mínima sintetización xustificativa da etapa actual. Ten moitas lagoas e carencias, que aínda que as condicións da clandestinidade non as xustifican, tampouco axudan moito (recopilación, documentación, medios, coordinación, etc).

Non se pretendeu facer unha declaración ampla e perpetua; a dinámica da evolución, os segredos cara o inimigo e as propias limitacións o impiden. Tamén hai a experiencia no pasado e no presente de "rigorosos e completos tratados" que ficaran en egos illados da realidade, rematados no lixo, no fogón ou como pezas bibliográficas.

Considerouse que urxía a súa saída, xa que se levaban uns anos de práctica sen documento ningún. Non son os detalles e sinxeleza palpábeis (panorama político mundial, estatal, estratexia global, etc) o que interesa transmitir, senón o fundo, os eixos básicos e as liñas sobre as que xira.

O EG quere animar as discusións e debates arredor dela, medir erros e acertos, recoller opinións, valoracións e aportacións que o axuden na súa conexión fiábel co seu destinatario: o pobo galego, só el pode ser o protagonista e executor.

O cinco de Febreiro de 1987 saíu á luz pública o EXÉRCITO GUERRILHEIRO DO POVO GALEGO CEIVE. O mesmo dia foron xulgados na Audiencia d'A Coruña tres irmáns, acusados e posteriormente condenados por diversas accións levadas a cabo a comezos de 1986.

Dende entón o EG tenta estar presente na dialéctica do combate do pobo. A súa capacidade loxística chegou onde os medios o permitiron e nese vieiro esta a seguir.

Necesidade da violencia revolucionaria[editar]

Galiza é unha nación. Ten un idioma propio, un territorio, un colectivo humano que se comporta dun xeito determinado dando lugar a unha psicoloxía diferenciada, unha economía singular e unha Vontade de Ser demostrada ao longo da historia.

A nación galega está sometida ao dominio do Estado Español. A ocupación militar, o control político, a dependencia, o colonialismo económico e o asoballamento cultural impiden o libre exercicio do dereito inalienábel de autodeterminación do pobo.

Por que foi, é e será precisa a violencia revolucionaria?

a.- Galiza é un pobo que dende o século XVIII (1787) pasa de representar o 13’5 % do total da poboación do Estado Español a representar o 7’6 % en 1970.

b.- Un pobo que desde o ano 1800 produciu máis de dous millóns e medio de emigrantes.

c.- Un pobo que é analfabeto na súa propia lingua por imposición do idioma español.

d.- Un pobo espoliado das súas riquezas naturais ( materias primas, forestal, pesca...) vítima dunha estrutura económica imperialista.

e.- Un pobo onde a transformación e valor engadido das súas riquezas é feito fora principalmente.

f.- Un pobo desmantelado das súas industrias tradicionais : estaleiros, conserveiras, textís...

g.- Un pobo que non xera postos de traballo para a súa mocidade.

h.- Un pobo sen unha economía autocentrada e desenvolvida que é golpeado constantemente polas altas e baixas nos mercados de produción, distribución e consumo que controla o Imperialismo.

i.- Un pobo sen centros propios de decisión, sen poder político.

j.- Un pobo alienado: coa súa historia manipulada, ocultada e negada; con auto-odio, complexo de inferioridade, resignación, fatalismo, diglosia...

l.- Un pobo que resiste e sobrevive; con Vontade de Ser despois de cincocentos anos de doma, xordo ás campañas propagandísticas dos poderes fácticos, rexeitador cantitativo de tantas farsas electorais españolas.

m.- Un pobo rebelde diante da Constitución Española:

"A Constitución fúndase sobre a indisolúbel unidade da Nación, patria común e indivisíbel de todos os españois". Art.2.

"O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os cidadáns teñen o deber de coñecelo e o dereito a empregalo. Art.3.

"As forzas armadas teñen a tarefa de garante da soberanía e da independencia de España, defender a súa integridade nacional e o ordenamento constitucional". Art.8.

"Economía de mercado..."Art.38. Así como a cantidade de artigos referentes á garantía da propiedade privada (art.33), mantemento do poder da Igrexa e do ensino da relixión católica nas escolas estatais (arts. 16 e 26), etc.

Por todos estes argumentos, non exhaustivos, o EG di: O pobo galego non pode agardar dos colonizadores españois a democracia que lle cómpre para conquerir a Independencia. A Independencia e o Socialismo non se choran, conquírense.

Para que haia unha xustificación no combate armado precísase:

1.- Levar razón, saber expola e que sexa aceptada.

2.- Mulleres e homes dispostos a empuñar as armas.

3.- Medios de todo tipo.

Cando as canles normais de comunicación están baixo control dos monopolios, da banca, da Igrexa, o pobo non pode permanecer en silencio. Cando certos sectores, despois de se fartar de repetir as palabras "democracia" e "terrorismo", chegan paradoxalmente a asumilas (xa Goebels dicía que unha mentira mil veces repetida remata sendo verdade) hai que reeducar a estes sectores.

Estase xa desde hai anos na etapa onde a loita pola LNeS deixou de ser patrimonio dunha elite culturalista e pasou a formar parte de sectores populares: clase operaria, sector labrego, mulleres galegas oprimidas, sector mariñeiro, mocidade, etc. Estes, especialmente os máis marxinados e oprimidos, eran e son os máis convencidos de que sen dar pasos calitativos e de contrapoder no proceso de LNeS esta non seguiría avanzando.

Foi un proceso dubitativo o destes 10/13 anos últimos. Xunto a un certo optimismo, baseado nos cantos de madrugadoras "sereas democráticas" españolas e galegas, o conformismo e a incapacidade de dirección dos principais responsábeis da loita de LNeS posibilitaron un retraimento e posterior frustración política desde o ano 75 ao 86. Foi un certo infantilismo pensar e crer que se podía combater ao sistema no seu propio terreo e SOMENTES DESDE DENTRO, cando eles controlaban os centros decisivos e neurálxicos de poder.

O teito de concienciación de certas camadas populares acadouse hai anos. Dende entón, o pobo traballador está pendente da identidade, capacidade e responsabilidade das súas vangardas. Segue nese impase e prefecundación das súas fillas e fillos máis dignos. Non é posíbel despois de longas loitas - Ferrol e Vigo no 72, tres folgas xerais, As Encrobas, mobilizacións labregas como a campaña contra a "cuota empresarial da SSA", folgas comarcais e sectoriais, Ascon, Telanosa, Sidega, Mafriesa...- saír frustrados e derrotados ou no mellor dos casos morrer de fame, ou con remedos sutís como as regulacións de emprego, bolsas, fondos de promoción de emprego, xubilacións anticipadas... É así como pensan afogar as aspiracións lexítimas das clases populares.

Por todos estes e moitos máis argumentos sociais, culturais, políticos e económicos, o EG practica a violencia revolucionaria e liberdadora, sendo hoxe ademais - non o único nin o exclusivo - O PRINCIPAL MÉTODO DE COMBATE DAS CLASES POPULARES ANTE O IMPERIALISMO ESPAÑOL, sendo hoxe o proceso directo de conexión coa mocidade galega marxinada, coa muller oprimida, coa clase operaria concienciada, cos sectores antimonopolistas e antiimperialistas interesados na Independencia.


Método de análise[editar]

O EG baséase no materialismo dialéctico como método de análise. Estuda, trata e recolle as experiencias de todos os pobos irmáns do mundo, e, acorde coa particularidade galega, investiga a súa validez cara á realidade económica, social e cultural para transformala.

Aprende da entrega e ensinanzas das fillas e fillos do pobo. O seu amor, coraxe e exemplo dálle a forza. Descobre a verdadeira Historia da Galiza, sen confundila coa mistificación, ocultación, negación e confusión. Valora e fai seus os desexos e arelas das masas anónimas e de tantos mártires ao longo do tempo.

Orixe[editar]

1º. Hoxe semella estar ben estudado que o nacionalismo (galeguismo) anterior á Sublevación Militar Fascista do 36, cuxa máxima expresión social foi o referendo e triunfo en xuño do 36 do Estatuto de Autonomía, non tivo continuidade política organizada (enténdase, co respaldo e apoio dalgúns sectores populares) na longa noite de terror franquista. Soamente tivo unha certa relevancia política e cultural no exilio : México, Uruguai, Cuba...

Aínda non hai un estudo rigoroso - agás o breve resumo que lle adica Harmut Heine en "A guerrilla antifranquista na Galiza"- sobre a participación nacionalista (galeguista) na guerrilla, tanto no Exército Guerrilleiro de Galiza como nas diferentes Agrupacións Guerrilleiras. Agás algún caso individual moi respectábel, como J.José Plá, Mariano Otero Castelao, José Velo Mosquera... todos eles membros do Partido Galeguista, o certo parece ser que a incidencia ou peso dos galeguistas na guerrilla era relativamente baixa, aínda na etapa mais álxida de combate, arredor de finais da 2ª Guerra Mundial.

2º. A guerrilla propiamente antifranquista (referenciada e tratada por autores e voceiros, ademais do xa citado, como M. Silva Ferreiro, F. Aguado Sánchez, Rodriguez Chaos, Alonso Ríos, José R. Barreiro Fernández, Mendez Ferrim, Enrique Líster, V. Freixanes, Sílvio Santiago, Bernaldo Maiz, D. Alvarez Blazquez, X. López Rico, Carlos G. Reigosa, Costa Clavel, Santiago Alvarez, Marcelino Villanueva, César Ríos, Isabel Ríos, "Nova Galiza", "Especial A Nosa Terra"..) foi ocasionada polo proceso inicial de resistencia do 36, polo triunfo da Sublevación Militar Fascista no 39, polas consecuencias da 2ªGM, pola xeografía galega, polo seu hábitat e pola rebeldía de tantas galegas e galegos diante do terror franquista.

3º. A loita de LNeS actual arranca de grupos reducidos nos comezos dos anos sesenta, sen apenas conexións cos Piñeiros e adláteres (estes trataran de xustificar o seu posicionamento político esencialmente no eido cultural, a través da Editorial Galaxia, e outros traballos individuais na cultura e na ciencia, tendentes a descubrir parcelas concretas: Otero Pedrayo, López Cuevillas, Carvalho Calero, etc).

Foi esencialmente na década dos setenta cando sectores con máis conciencia de clase ingresaron no nacionalismo, protagonizado principalmente pola UPG. Certos núcleos de militantes (chamados Fronte Militar, Cultural...) dan os primeiros pasos no terreo da violencia revolucionaria. Eran os anos 74/75. Rematan co asasinato de Moncho Reboirás o 12 de Agosto de 1975, seguido doutras detencións, exilios e ocultacións.

Os dirixentes da UPG rexeitan a continuidade da loita armada, entre outros argumentos - a brevidade desta 1ª Declaración impide desenvolver máis profundamente - en base a:

a) O afianzamento da loita armada faríalles perder inexorabelmente o seu papel de protagonista - dirixente - en favor dos patriotas dispostos a practicala.

b) Ficaría ao descuberto o seu obxectivo de converter ao nacionalismo galego nun movemento testimonial no plano histórico ao situar a contradición nun plano irredutíbel coa proposta clara dunha revolución no noso país que pasaría pola Independencia e o Socialismo.

4º. Xusto naqueles anos, curiosamente, outras galegas e galegos con máis conciencia de clase practicaban a loita armada. Ademais de militantes galegos no FRAP (Baena sería fusilado xunto a catro combatentes máis o 27-9-75), fálase da antiga Organización Obreira, que puido converterse na organización armada e revolucionaria que Galiza precisaba. A intromisión de dirixentes antinacionalistas (Pío Moa, Manuel Pérez Martínez...) torceu o carácter político de Organización Obreira, que posteriormente pasou a ser Organización Marxista-Leninista Galega (OM-LG). Despois participarían na constitución dos GRAPO. Diante da conciencia de clase dun Abelardo Collazo e tantas e tantos outros e outras galegos e galegas, posteriormente militantes do PCE(r), pouca capacidade de convicción tiveron os argumentos dalgúns "dirixentes" nacionalistas da época.

Aínda desde un enfoque errado pola concepción da loita, táctica e estratexia (sublevación das masas a nivel de Estado, falta de infraestrutura, accións precipitadas...) foron galegas e galegos con coraxe, rachando con moitos esquemas e prexuízos.

5º. Posteriormente, e xa baixo conceptos claramente independentistas (Sumario 76/80 da Audiencia Nacional Española, cítase textualmente na resolución da condena: "Pola formación dun grupo armado independentista...") despois das primeiras accións son detidos 16 galegos en setembro de 1980. Era a esperanza e a experiencia frustrada do LAR (Loita Armada Revolucionaria). Fican encadeados os seus dirixentes, o resto do LAR, máis as forzas políticas que coincidían -PGP e Galiza Ceive(OLN)- no mesmo proxecto non tiveran capacidade organizativa. En novembro do 83, coa autoexclusión de 17 dos seus militantes despois dun intento de disolución, Galiza Ceive(OLN) persiste nos seus plantexamentos políticos. Remata outra experiencia para organizar a loita armada na Galiza.

Nestas cinco referencias - guerrilla nacionalista (galeguista), guerrilla propiamente antifranquista, fronte militar da UPG, galegas e galegos dos GRAPO, e LAR - resúmese o desenvolvemento da violencia revolucionaria nos perto de 50 últimos anos.

Hai unha grande diferenza entre o nacionalismo dos pobos xa libres e o nacionalismo dos que aspiran á liberdade. A palabra nacionalismo sen dúbida ningunha está desacreditada, en canto que comunmente é aplicada ao nacionalismo das nacións que xa posúen a soberanía nacional. Aplicado o termo nacionalismo aos pobos oprimidos significa algo diferente. Trátase de conquerir os dereitos do pobo a Ser, de reivindicar o inalienábel exercicio da súa liberación para que a súa personalidade sexa respectada e non asoballada.

O EG é o resultado pragmático e organizado de dúas xeracións de combatentes decididos a entregar por solidariedade e sacrificio revolucionario a súa capacidade e experiencia. É a resposta dos máis oprimidos, marxinados e explotados diante da inxustiza que os afoga e o odio que produce a opresión. É pola coherencia ideolóxica co seu motor principal e dirixente, a clase traballadora galega, polo que asume e PRACTICA a violencia revolucionaria.

Non viviu a Sublevación Militar Fascista do 36, mais os seus membros coñeceron no propio corpo as consecuencias da derrota. Na longa noite de terror coñeceron a represión, contemplando impotentes a morte do Ditador que dende a súa hibernación agonizante continuou asasinando e torturando. Atrás ficaron cunetas cheas de mártires do pobo, cadeas apestadas de morte e tortura; atrás ficaron montes silandeiros en noites pechadas e claras onde a esperanza frustrouse unha vez máis.

Enxendrouse tamén pola iniciativa da mocidade galega que rachou cos tabús e esquemas "educativos" reprodutores do sistema colonialista español. Da mocidade que quere construír unha sociedade solidaria nunha nación libre. Da mocidade rebelde perante o paro, a droga e o consumismo escravizante, impostos polos tres poderes reais do imperialismo español: Exército, Capital e Igrexa católica. De aquí que a mocidade galega guerrilleira chame e abra as portas do EG ao resto das irmás e irmáns para que algún dia o pobo sexa dono das súas riquezas, do produto do seu traballo, dos medios de produción e, en definitiva, do poder político.

Definición e principios[editar]

O EGPGC é a organización para conquerir a Independencia e o Socialismo na nosa Patria.

Aspira a ser o instrumento armado do pobo oprimido, dos homes e mulleres que traballan ou están no paro a forza, da mocidade que loita contra a súa marxinación, do sector agrario, dos mariñeiros e de todos os sectores populares antimonopolistas e antiimperialistas que combaten pola Revolución na Galiza.

É a organización armada galega, aínda en xerme, creada polos sectores máis concienciados do pobo, para respostar á violencia OPRESORA do Estado Español, engrenaxe e apéndice controlado e dirixido polo Imperialismo.

Asume que soamente cando o pobo concienciado o recoñeza como verdadeiro e amplamente seu acadará a forza e o tino para ser a ferramenta que cómpre para botar de Galiza aos colonialistas e aos seus instrumentos de opresión: forzas de ocupación, monopolios, caciques de toda caste... Esta loita é ademais a súa achega como mostra de irmandade e solidariedade con todos os pobos do mundo no combate contra o Imperialismo.

O seu proxecto revolucionario non esquece as ensinanzas da historia. Nace das traballadoras e traballadores, non é un proxecto dunha ou varias testas, senón da maduración das condicións materiais da sociedade galega e do estudo do actual sistema das forzas produtivas, así como dunha concienciada análise da súa estrutura social e das relacións de dependencia colonial. A loita pola LNeS de Galiza ven intimamente ligada á loita polo SOCIALISMO. Non só a Independencia nacional é necesaria, senón que a emancipación das clases traballadoras máis oprimidas é fundamental. Non hai proxecto revolucionario se a consecución de Independencia non vai acompañada da transformación radical da sociedade, da apropiación dos medios de produción pola clase traballadora. Noutro aspecto afírmase a INCAPACIDADE obxectiva e histórica da burguesía e da pequena burguesía como clase para dirixir o proceso de LN que implique a verdadeira transformación da sociedade creadora de homes e mulleres realmente libres.

O EG é o instrumento da clase traballadora principalmente para recibir a que, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDEOLOXÍA, sempre que esta non sexa antagónica cos intereses das clases populares, arele unha sociedade nova. Recolle o mellor do pasado e do presente para erradicar no futuro as relacións humanas e modo de produción da sociedade capitalista. Implantar un novo sistema social, baseado na abolición da propiedade privada dos grandes medios de produción, da banca, e de todos aqueles que podan supor a usurpación da plusvalía xerada pola venda de traballo, respectando a propiedade privada adquirida como consecuencia do traballo honesto e sen explotación, sempre e cando estea destinada ao aproveitamento directo polo seu propietario.

Na medida en que unha sociedade libre non pode ser tal en tanto manteña relacións de opresión entre os seus membros, LOITA E LOITARÁ POLA ABOLICIÓN DA SOCIEDADE PATRIARCAL e pola igualdade real de dereitos entre mulleres e homes. Por unha autentica sociedade creativa xenuína do pobo, que rache coa "doma e castración seculares". Unha sociedade onde os descubrimentos, avances científicos e sociais sexan aproveitados e desfrutados sen diferenzas nin privilexios por todas as mulleres e por todos os homes.

No tocante á nosa lingua di que Galiza, terra asoballada e amputada polo imperialismo español, viuse obrigada a vivir de costas, e de xeito "antinatural", a Portugal. O reintegracionismo militante no terreo da normativa idiomática está avaliado polos mais preclaros e eruditos lingüistas do país. O reintegracionismo militante no terreo da normativa forma parte da concepción de que unha Galiza Independente sentirá a necesidade natural (e desta vez non haberá trabas imperialistas que a repriman) de integrarse na comunidade luso-afro-brasileira.

O EG non recoñece a división provincial, nin a demarcación territorial de Galiza, onde a nosa nación perdeu comarcas e pobos do SEU TERRITORIO en favor de España. O EG non é correa de transmisión armada de partido, organización ou colectivo político ningún. Coincide con TODAS as organizacións que loiten consecuentemente pola INDEPENDENCIA e o SOCIALISMO na nosa Patria.

Estratexia[editar]

Hoxe o fundamento principal para chegar á Independencia e o Socialismo na Galiza é o DESENCADEAMENTO DA GUERRA POPULAR PROLONGADA. Varios e diversos os métodos de loita: políticos, institucionais, sindicais, económicos... Uns serán principais e outros serán complementarios. NO PRESENTE E NO FUTURO, O DECISIVO E DEFINITIVO SERÁ O DA RESPOSTA ARMADA.

O principio básico da GPP é derrotar ao inimigo no menos tempo posíbel co menor custo e sacrificio.

Os elementos obxectivos para xulgar a GPP son:

1º.- Galiza é unha nación pequena. O EIE aínda é poderoso.

2º.- Galiza sofre unha longa subxugación secular, nun contexto colonizador intereuopeo.

3º.- Galiza non ten país veciño cun sistema político progresista ou solidario (as esperanzas do "25 de Abril" esvaecéronse).

4º.- O MLNeS aínda non ten forza dabondo para resolver a curto prazo as contradicións principais co inimigo.

5º.- Galiza ten un desenvolvemento económico que sen ser puramente capitalista, tampouco é totalmente precapitalista.

6º.- A vitoria da Sublevación Militar Fascista do 36 nos primeiros días tivo uns resultados represivos e de opresión de graves consecuencias.

7º.- A estrutura social da emigración, as súas longas raíces, extensión e tradición, posibilitou e favoreceu unhas saídas vantaxosas para os diferentes sistemas ou réximes dos séculos pasados, atenuando as confrontacións sociais.

8º.- A composición das forzas de ocupación e represión españolas está formada por unha cantidade nada desdeñábel de nados na Galiza. As novas xeracións do Exército Español, policía e Garda Civil non teñen unha implicación directa na Sublevación Militar Fascista do 36. Estes factores actuais amortiguan na conciencia popular unha clarificación da verdadeira e propia función súa: a de represores do pobo baixo nómina do EIE.

9º.- Unha grande importancia do sector de servizos e pequenos propietarios.

10º.- Un contexto europeo cunha ocupación e dominio militar do brazo armado do Imperialismo, a OTAN, máis un control económico e cultural imperialista, a CEE.

11º.- Un nacemento, ou continuación, específico do actual nacionalismo galego nos anos sesenta hexemonizado por elites culturais. Sen infravalorar A SÚA GRANDE ACHEGA ao desenvolvemento do MLNeS, e sen esquecer que a contradición principal do 39 ao 60 na Galiza non era españolismo/nacionalismo, senón antifranquismo/loita de clases. O desenvolvemento amplamente social ficara truncado no 39.

12º.- UNHA ENORME E INMENSA MAIORÍA DO POBO FORMADA POR TRABALLADORAS, TRABALLADORES, UN SISTEMA AGRARIO CADUCO AVELLENTADO E MISERENTO, UN SECTOR MARIÑEIRO TOTALMENTE DEPENDENTE E EMPOBRECIDO, UNHA MOCIDADE MARXINADA, UNHA MASA IMPORTANTÍSIMA DE PARADOS Á FORZA, UNHA SITUACIÓN DA MULLER VÍTIMA DA SOCIEDADE PATRIARCAL E UNHAS GRANDES CAMADAS POPULARES AUTÓNOMAS QUE SOFREN AS CONSECUENCIAS DA COMPETENCIA MONOPOLISTA.

13º.- A distribución do hábitat, a parroquia, a estrutura das vilas e cidades, a falta dunha grande urbe.

14º.- Hábitos e costumes da vida galega.

Estes elementos non relacionados exaustivamente son os que entre outros condicionan a Estratexia Xeral da GPP como medio principal para a consecución da Independencia e o Socialismo.

Sen mudar hábitos e costumes para adaptarse a esta estratexia, sen coñecer as leis do combate presente e futuro, sen dominalas e sen investigalas o pobo non sairá vitorioso.

A estratexia da GPP non ha de ser a de que só a violencia revolucionaria levará á meta final. Esta é errónea. Segundo as etapas e as posibilidades de organización e propaganda, tanto legais como ilegais, haberá que combinar, excluír ou practicar a loita legal institucional coas demostracións de CONTRAPODER. Haberá (é un suposto) situacións concretas onde sexa oportuno participar nos referendos, ou ben capitalizar CLARAMENTE ou potenciar o absentismo concienciado e politizado.

Que é preciso para desencadear a GPP?

1º.- Consolidación do EGPGC no seo do pobo

2º.- Ampliación das bases operativas e da tea de araña azorada e invisíbel.

3º.- Iniciativa e aprovisionamento.

4º.- Anulación das forzas de ocupación e represoras.

5º.- Agrupamento e popularización das forzas políticas e toma de poder.

1º.- CONSOLIDACIÓN DO EGPGC NO SEO DO POBO: Isto só será posíbel mediante a compartimentación ríxida, clandestina e orixinal, acorde coas leis de seguridade da GPP na Galiza. Hoxe o EG ten a experiencia dos primeiros pasos dados e persiste constantemente no coñecemento e investigación da idiosincrasia e realidade actual, na análise da situación política mundial.

Para consolidarse ten que facer chegar o poder da súa detonación ao resto da masa explosiva que é o pobo. Por simpatía a onda revolucionaria actuará nos recunchos máis afastados.

Supón despertar e organizar no terreo da violencia revolucionaria a forza que dan a opresión e o sufrimento. Hoxe aínda non pode chegar a cada galega ou galego, mais a doenza, a opresión, está implícita, non é un invento do EG.

Ninguén debe agardar a que o chamen. Que ninguén sexa vital e imprescindíbel no circuito pechado.

A consolidación só será posíbel se os vasos comunicantes que o regan lle dan vida: partidos políticos, organizacións, colectivos, sindicatos, intelectuais, independentes, ecoloxistas, organizacións feministas, culturais, da mocidade, antirrepresivas, etc, existentes na Galiza o respaldan e defenden. O EG respectará a independencia total de cada unha delas.

Construír unha CORTINA DE SILENCIO, de protección e defensa, é premisa fundamental para os que se identifiquen ou simpaticen co EG. Datos fóra de lugar, alporizacións "heroicas", críticas subxectivas e demais vicios anticlandestinos, é información que se lle está facilitando ao inimigo.

SILENCIO TOTAL CARA O INIMIGO !! Guerra aos "orellas", lingüeteiros, calumniadores e chivatos !!

A estanquidade total da información entre a militancia política, sindical, cultural, etc, e as combatentes guerrilleiras e guerrilleiros ou a súa infraestrutura debe EVITAR RADICALMENTE CALQUERA TRASVASE INFORMATIVO E PERIGOSO. Calquera información ao respecto pode ter consecuencias que se pagan coa tortura, coa cadea ou coa propia vida.

2º.- AMPLIACIÓN DAS BASES OPERATIVAS E DA TEA DE ARAÑA ACERADA E INVISÍBEL: É unha evidencia que as Bases Operativas estám crescendo. Ainda assim o EG hoje só é o germe armado e fecundo. Só florescerá e multiplicará na evoluçom do combate, isto é, levando à prática a sua teoria.

As Bases Operativas geram-se por induçom mediante a prosecuçom duma linha correcta. Na capacidade de captaçom, educaçom e formaçom das novas guerrilheiras e guerrilheiros está o miolo da questom.

O EG está criando um estilo, um jeito novo de ser dos seus membros. Educa ao militante armado de novo tipo nas experiências doutros povos e funde-as na genuinidade galega. O mesmo que o povo tem uma língua própria, um jeito de sentir, de viver, de morrer, um território, um mar, um céu e umas circusntâncias históricas concretas, também tem e seguirá tendo a capacidade para parir a guerrilheira e o guerrilheiro do seu seio.

Para ampliar as Bases Operativas (2, mínimo, 3 ou 4, máximo, guerrilheiras ou guerrilheiros) precisa-se :

A.- Combater sem trégua.

B.- Induzir à luta a quem aceite o projecto de LNeS, seja dum jeito independente (por iniciativa individual), seja aguardando que a teia de aranha enlace, seja buscando-a. (A iniciativa individual é um risco que o EG nom deixa de valorar. Podem-se desperdiçar elementos humanos muito úteis em acçons CONDENADAS AO FRACASO por falta de experiência, meios, preparaçom política e/ou guerrilheira. Portanto este recurso SÓ estará justificado nos casos excepcionais de ilhamento ou desconexom. A responsabilidade e eficácia destas acçons -por iniciativa individual própria- é requisito imprescindível para que sejam asumidas polo EG.)

C.- Nascer da consciência da classe organizada de partidos, sindicatos, mocidade, colectivos... que tendo em conta esta chamada deiam já passos práticos na medida das suas possibilidades.

D.- Aprender a praticar a violência revolucionária noutros povos irmáns, baixo qualquer céu dos oprimidos, recolhendo os ensinamentos, os meios, as experiências e revertindo-as no seio do povo.

3º.- INICIATIVA E APROVISIONAMENTO : A concretizaçom de quem é o inimigo do povo e as suas formas de espoliaçom e dominaçom é fundamental em cada momento da história para a realizaçom dentro da estratégia que pretenda o seu fim.

A obviedade desta asseveraçom nom precisa argumento, só duma correcta aplicaçom na prática, pola grande influência que tem em todo o MLNeS presente e futuro.

A respeito disto é preciso resolver a pergunta base do "que fazer ?"

a- Qual é a estratégia que tem carácter revolucionário porque cria nas massasuma consiência de classe e nacional gerando uma praxe combativa ?

b- Qual seria a estratégia que, quando menos, neutralizara as críticas dos sectores produtivos -de grande influência ideológica e organizativa- que hoje som contrários às acçons do EG e OBJECTIVAMENTE ESTÁM MAIS PRÓXIMOS ?

c- Qual é a estratégia que a esta altura da história criaria um enfrentamento entre os interesses dalguns sectores da burguesia própria (ou aspirantes) e da estrangeira, e da própria entre si ?

Esta questons só têm soluçom correcta se se conhecem perfeitamente as características e reacçons do povo.

Temos definida a nossa naçom com dependente e colonial, mas o certo é que esta definiçom é capital usado só pola vanguarda, e a maiores malamente. Na imensa maioria uma explicaçom ao concreto desta consigna é difícil de encontrar. A ignorância sobre a própria realidade é um mal comum das sociedades subdesenvolvidas e com caracteres de relaçons precapitalistas no campo e na costa nom urbana. Daí o grande peso da Igreja.

Adjunto a isto devem-se pôr os inquéritos nos que o fnómeno "terrorista" acadou uns resultados percentuais mais altos de atençom. É bem doado de explicar este resultado se além do dito anteriormente valorássemos na sua justa medida o poderoso efeito da propaganda do Poder por uma banda -a mais importante- e a dura experiência repressiva que viveu e vive o nosso povo pola outra.

Destruir como detergente estes alienantes focos de contaminaçom e parálise é a estas alturas o EFEITO PRIMORDIAL DAS ACÇONS.

O conjunto desta resumida análise vai-nos dar os parámetros por onde desenvolver a estratégia actual e as operaçons a realizar :

- Deveriam incidir sobre aqueles sectores produtivos que dependam das mans estrangeiras ou bem tragam como resultado da sua indústria uma extracçom de recursos que levem o proveito mais grande para fóra, ainda que deixem algum resto industrial ou financeiro no país.

- Sobre aqueles sectores produtivos que impeçam o medre de ramos da indústria autóctona, capazes hoje de saír sós para adiante.

- Sobre os grupos monopolísticos e financeiros que produzam rotura de mercado pola sua introduçom no país em contra do próprio e que aumentem o fluxo de perda financeira e de capital.

- Que se presentem em lutas sectoriais como instrumento capaz de CONTINUAR A LUTA DAS TRABALHADORAS E TRABALHADORES, MARINHEIROS E SECTOR AGRÁRIO, na soluçom dos conflitos ao seu favor.

- Que sejam soluçons aos problemas de GRANDES SECTORES SOCIAIS, incentivando com a sua presença as acçons populares de auto-organizaçom.

- QUE VOLTEM O ORGULHO AO NOSSO POVO ante a possibilidade real da criaçom dum contrapoder.

- Que defendam a saúde do povo.

- Que capitalizem a favor do povo o seu património artístico, cultural, histórico e político.

A aproximaçom destes parámetros, para uma maior claridade, esta na práctica das seguintes acçons e execuçons :

- Situaçons como as que ataquem ao sector de espólio directo, como o de extracçom de minerais ou energéticos por empresas estrangeiras (electricidade, chumbo, etc). No caso da electricidade a espoliaçom e bem conhecida por todos.

- Situaçons como os que denunciam o espólio da terra por estrangeiros para produtos que eles nom querem : soja, eucalipto...

- Situaçons como As Enchousas, os encoros... que ponham a povoaçom contra o seu expropriador e o obriguem a virar de rumo.

- Casos contra os traficantes e distribuidores de droga (defesa da saúde do povo).

- Casos contra os queimadores do monte e BENEFICIÁRIOS DA MADEIRA QUEIMADA.

- Casos contra os bancos, polo seu roubo de recursos financeiros do país.

- Casos onde o ataque repercuta na infraestrutura ao serviço do EIE.

- Casos de simbologia fascista. Que demonstrem que mudarom as formas mas nom o sistema.

Em definitiva, todos aqueles casos que mostrem a claras o papel socio-económico e político que o sistema impom ao povo galego : país espoliado dos seus recursos e de dependência política e económica ; ou aqueles que produzam confianza no EG e que criem as condiçons adequadas para pular pola auto-organizaçom popular.

É evidente que diante dum CETME ou subfusil a cem metros de distância só se poderá respostar com outra arma de condiçons similares ou superiores (melhor). Se nom se dispom dela nom se pode fazer frente nem escolher este tipo de enfrentamento directo. É uma lei primária de combate.

Os meios para o combate sempre serám relativos e escolhidos segundo uma série de factores (que nom vamos a descubrir diante do inimigo) onde a capacidade técnica, económica, a originalidade e o momento oportuno, serám fundamentais em tal selecçom possível.

Essencialmente som três as fontes de aprovisionamento : o mercado legal, os circuitos ocultos e o PRÓPRIO INIMIGO.

O binómio guerrilheiro/meios é também o que vai decidir a escolha concreta do tipo de acçons.

4º.- ANULAÇOM DAS FORÇAS DE OCUPAÇOM E REPRESSORAS : É Galiza um país ocupado no senso militar ? Sem a menor dúvida. Todo o aparelho repressor e de ocupaçom está baixo mando directo e control do EIE ; defende os interesses dos espanhóis imperialistas e demais estrangeiros ; forma parte fundamental da superestrutura do EIE, cuja essência é seguir hegemonizando o domínio duma classe minoritária sobre a imensa maioria.

Como país dependente e colonial (em muitos casos, nom em todos, diante da escassez de postos de trabalho e a sua retribuiçom económica superior aos das classes trabalhadoras ) Galiza produz um bom contingente de homens para a Guarda Civil, Polícia, Exército, carceleiros. etc. Todo este contingente, ademais dos estrangeiros (castelans, andaluzes...) pola idiosincrásia da naçom galega convive no seio dalguns sectores populares (ainda nom conscienciados avondo), no seio das suas próprias famílias galegas (que logo reprimem) e ainda que as suas relaçons sociológicas nom som normais, tampouco se pode dizer que estejam ilhados como já lhes acontece noutros processos de LNeS.

O terror e o medo ao aparelho repressos e de ocupaçom, a conseqüência da Sublevaçom do 36 e da vitória, ainda pervive. As novas geraçons de vinte, trinta anos, ainda nom conheceram dum jeito massivo a repressom policial, a tortura, a cadeia, o exílio, e a ocultaçom.

Entre outros argumentos o EG deduz que um enfrentamentoaberto já cara à anulaçom destas forças nom ajudariaa desenvolver a consciência independentista e de classe. Para enfrentar-se abertamente já às forças repressoras espanholas cumprem ainda maiores cotas de participaçom popular na luta directa pola Independência e o Socialismo. Por estes argumentos considera que só se deve de enfrentar a estes inimigos do povo em acçons de defesa ou resistência.

Será na dinámica da espiral "acçom/repressom/acçom" onde estas forças repressoras jogarám o seu papel, sendo nesta evoluçom prevísível onde a consiência do povo acadará os níveis suficientes para considerar quando e onde é o momento oportuno para começar com a anulaçom das mesmas.

Já que miles desta 1ª Declaraçom do EG irám parar às mans das forças de ocupaçom e repressoras espanholas, o EG informa-lhes :

a- Vocês som filhos de galegas e galegos que foram ou som labregos , obreiros, marinheiros... Seus avós também o foram e possivelmente também os bisavós e todos os seus devanceiros. Entom, por nascimento e criaçom, som filhos dos de abaixo, dos oprimidos, dos explorados, da classe social assovalhada.

b- Um país dependente e colonial, como Galiza, ao nom ter uma economia autocentrada e desenvolvida, ao nom ter postos de trabalho estáveis e retribuídos justamente, obriga aos nascidos na Galiza a incorporar-se ampliamente nas forças repressoras.

c- As suas filhas e filhos, pais e parentes, nom estám marginados na sociedade galega na que vivem. Evite que isso possa suceder algum dia. Aos seus chefes isto nom lhes importa ; som, por ideologia e praxe, espanhóis colonialistas, SOM DE ARRIBA !

d- Evitem -sejam inteligentes- ser marginados, viver atrincheirados, sós, nos seus clubes, associaçons... Nom lhes suceda o que JÁ ACONTECEU e segue a a contecer em outras latitudes do Estado. Nom obriguem ao povo a que os margine, os arrincone em guettos, casas-quartéis...

e- Seus chefes participam e disfrutam das prebendas e privilégios que reparte -aos que cumprem- a superestrutura que integram, a mesma que faz que uma minoria (minoria, oligarquia, governo duns poucos, banca, monopólios...) de indivíduos autoproclamados "demócratas" (Estado) reprimam por meio de vocês a milhons e milhons de seres humanos.

f- Os povos de todo o mundo somos irmáns, e portanto solidários, sejam andaluzes, casteláns, extremenhos, norte-americanos. Se vocês som profissionais e dizem servir aos interesses populares nom podem torturar (seja tortura dura ou branda, psicológica ou caluniadora ou irrespetuosa) e matar.

g- Na Galiza têm que viver, aqui estám familiares, vizinhos, amigos da infáncia que logo (ou já) podem ser os seus inimigos. Evite-o.

h- Se sementam ódio, repressom, tortura (sim, tortura tam requeterepetida ; nom se fala da do sessenta, nem da do setenta, senom da dos 86, 87, 88), o Tribunal Popular nom perdoará.

i- Seus chefes ordenam e vocês executam, Logo eles irám para Espanha, boas residências, clubes protegidos, e vocês -logicamente- quererám viver na Galiza, botar a partida tranquilos no bar, ir à festa da parróquia... Que executem eles ! Assim passou em Cuba a finais de século, no Sahara, em Irlanda, em Marrocos. Que defendiam miles e miles de galegos em Cuba contra os mambisses ? Nom se manchem as mans. O povo vigia.

j- Nom se odeia jamais à pessoa (se estivesse doente : sádicos, fanáticos, torturadores viscerais, psicópatas... E os seus chefes e companheiros que o permitem som também responsáveis), é ao que representa e PORQUE EXECUTA E CUMPRE ordens que som antinaturais.

l- O EG está contra o racismo e a genofóbia. O lugar de nascimento é um factor accidental e uma circunstância casual. Som os feitos os que contam.

5º.- AGRUPAMENTO E POPULARIZAÇOM DAS FORÇAS POLÍTICAS E TOMA DO PODER : Antes de entrar no conceito próprio deste ponto concreto, cumpre um brevíssimo esboço do panorama político do Estado Espanhol e do mundo.

A luta pola LNeS tanto em Euskalherria, nos países Cataláns, Canárias e Galiza acadou participaçons das classes populares mais altas que nunca. Precisa-se que o inimigo tenha múltiples frentes para que a sua capacidade operativa se veja mermada. À medida que os colaboradores directos e indirectos comprovem os resultados na direcçom geral do timom político espanhol, eles mesmos abandonarám o barco (CG, PNG, etc), ou bem o preço do transporte os anule totalmente, convertendo-se em fósseis que nada têm que fazer senom continuar a situar-se ao pé dos opressores espanhóis.

Toda a filosofia actual do Estado Espanhol tem como síntese, ademais da "indisoluble unidad de la Nación", a pertença à CEE com a sua "livre economia de mercado" (capitalismo), a integraçom no braço armado do imperialismo (OTAN), o control espiritual e social da Igreja Católica... Tudo isto adornado como os valores da cultura ocidental e com a venda das riquezas e património dos povos, onde poucos sectores da economia galega ficam sem controlar polo imperialismo.

A filosofia da CEE é a do Imperialismo, quem como corvo destripador de continentes saquea qual pirata contemporáneo os bens alheios em benefício próprio, enquanto centos de milhons de seres humanos estám na miséria, vivem ilhados da civilizaçom marginados e oprimidos. É a filosofia militarista de assovalhamento e domínio ; para prova actual (que logo nom se diga que começarom os russos) o projecto em marcha do control do espaço para reduzir militarmente aos povos que querem ser livres, conhecido popularmente como "Guerra das Galáxias", cujo despilfarro económico monstruoso tentam justificar. O campo dos países socialistas vê-se obrigado a contrarrestá-lo (contra a sua vontade e bem estar) e possivelmente a melhorá-lo como contra-ofensiva. Mais uma vez os povos livres terám de travar o afám de continuidade de domínio do Imperialismo.

Hoje quase a metade da povoaçom mundial vive no Socialismo. Jamais nenhum sistema político avançou e se implementou com a sua força, em apenas setenta anos.

Nom há tal reparto do mundo, como tampouco perdurou o Tratado de Tordesilhas, nem a força capaz de deter aos povos que querem ser livres. Aí estám Cuba, Vietname, Argélia, Angola, Irlanda, Nicarágua.

É neste contexto do panorama mundial que o EG tem que resolver e desenvolver a GPP. Será nas suas diferentes etapas e situaçons, presentes e que lhe aguardam, onde o agrupamento e popularizaçom das forças políticas galegas no caminho da Independência e o Socialismo será obrigada. Este agrupamento será sempre um resultado paralelo aos passos positivos do EG na medida da sua potência libertadora ; é daí donde sairá o Poder Político ao serviço do Povo.

A Toma do Poder é a necessidade que toda guerrilheira e guerrilheiro tem que sentir como primeira chance para construir a nova sociedade que proclama. A Toma de Poder é a consumaçom máxima do povo para exercer as suas concepçons de Justiça proletária e Labrega no reparto do produto do trabalho, na paz fecunda, no respeito mútuo a todos os povos do mundo...

Sem ânsia de Poder o povo galego jamais será livre !!!

Na Galiza a Toma do Poder nom implica necessariamente a destruiçom do Estado Imperialista Espanhol.

A Toma do Poder virá dada pola GPP onde as galegas e galegos destruam as cadeias que os mantenham atados a Espanha. O processo revolucionário vai estar condicionado por como vaia no resto das naçons do Estado, mas nom absoluta e totalmente condicionado. Daí que nom seja imprescindível a destruiçom do EIE ; basta com que esteja o suficientemente debilitado como para que se veja obrigado a deixar-nos livres, independentemente de que logo, na prática, as cousas sucedam dum jeito ou doutro. A concepçom de destruir o EIE junto com bascos, cataláns e canários é ERRÓNEA, já que parte da autoamputaçom do nosso povo, da incapacidade para, polos nossos meios e baseando-nos principalmente nas nossas forças acadar os objectivos propostos : a Independência e o Socialismo. Devemos esterilizar, estirpar e erradicar o virus histórico da desconfiança em nós mesmos (sem cair tampouco no errro contrário : sobreestimaçom e chauvinismo).

O EG tampouco esuqece que o imperialismo ianque -inimigo número um- intervirá com quantas técnicas sofisticadas e de contrainsurgência disponha.

Precisa-se do máximo apoio político e social para contrarrestar a guerra psicológica (principal ferramenta do inimigo hoje) que os centros neurálgicos dos opressores espanhóis estám fomentando nos "mass-media" e que alguns "dirigentes" galegos também espalham.

TÁCTICA ACTUAL[editar]

A voz do EG nom pode ficar num gemido ilhado baseado num projecto voluntarioso, romântico ou utópico, deslabazado dos coraçons, opressons e ódios que implica a injustiça contra as mulheres e os homens. A dor das oprimidas e oprimidos nom é exclusiva dos seus membros. Saber ser povo com consciência de liberdade é o seu presuposto principal. Guiados pelas melhores luzes dos nossos devanceiros : dos Irmandinhos aos Mártires de Carral, de Rosalia a Bóveda, de Castelao a Foucelhas, de Benigno Álvarez a Gomes Gaioso, de Moncho Reboiras a Abelardo Colhazo continua a longa marcha dos martires galegos na conquista da liberdade.

O inimigo tratará uma e mil vezes de cercar, ilhar e aniquilar ao EG.

A táctica é a iniciativa constante nas acçons ; golpear onde a nossa gente nos escoite ; descubrir os pontos débeis do sistema colonialista e impedir a continuaçom do espólio dos recursos (materias primas, aforros, energia,...) e do produto do nosso trabalho.

Diante da deformaçom capitalista habitual dos meios de informaçom e intoxicaçom ideológica (em mans da burguesia e ao serviço do imperialismo espanhol) fazer que o discurso armado da guerrilha chegue ao seio do povo trabalhador é condiçom sine qua non. Para isto recorrerá aos métodos legítimos da defesa comunicativa.

A táctica é golpear onde lhes doa e fugir, ajudar com a práctica a concienciar, aparecer diante do inimigo de súbito, atacar e agachar-se no seio do povo, PROCURAR SEMPRE buscar a originalidade criativa das massas populares, fazer acçons que ajudem a desencadear a GPP, apoiar as lutas das classes populares galegas quando a sua intervençom seja oportuna como defesa dos seus interesses, induzir e fomentar o uso da violência revolucionária no seio das massas (especialmente nos sindicatos) como resposta aos conflictos que vaiam surgindo, assessorar na técnica armada e revolucionária.

A TÁCTICA ACTUAL É FUNDAMENTALMENTE A GUERRA PSICOLÓGICA E DE DESGASTE.

Ir sempre, sempre, a operaçons e acçons a ganhar. Nom ir jamais a acçons onde se empregue toda a sua capacidade técnica e guerrilheira em uma só operaçom. Respeitar SEMPRE a saúde e os bens do povo.

Diante dos missís assassinos : dinamita libertadora. Diante do lasser mortal : fouce justicieira. Diante do uniforme verde ou marrom : roupa comum. Diante do automóvel : pés em rua e corredoiras. Diante de estradas controladas : caminhos invissíveis. Diante de potentes emisoras : ondas telepáticas do povo. Diante de fronteiras controladas : noites libertadoras pola raia seca ou húmida. Diante do consumismo imposto e escravizante : ar livre, arte, música, poesia. Diante doalcoholismo : trabalho revolucionário. Diante da repressom sexual. Amor em liberdade. Diante da opressom da mulher : tunda à sociedade patriarcal. Diante da droga : Socialismo. Diante da vida vegetativa, rutinária e negativa : iniciativa, pensamento popular, imaginaçom e acçons certeiras.

Jamais haverá guerrilheiras e guerrilheiros deixando-se arrastrar por uma norma social imposta polo Imperialismo.

O fortalecimento do EG no seio do povo só se poderá construir dando passos, praticando a guerrilha na técnica contemporánea : quando nom haja dinamita, butano doméstico ; quando nom haja metralhetas, caçadeiras... O povo debe usar as armas que tenha, onde as tenha e sejam oportunas, até que a capacidade logística permita expropriá-las a quem as emprega contra ele ou permita comprá-las ou fabricá-las.

A táctica actual virá dada pola força para avançar e resistir na dinámica da tradicional espiral “acçom/repressom/acçom”. Que nenhum contra-ataque do inimigo seja anulador da força organizativa, operativa e de extensom do EG.

O EG está demonstrando que o inimigo nom é invencível. Ensinar os caminhos e sendeiros nascidos do ódio, a inteligência e a coragem para respostar ao monopolizador da violência terrorista do EIE é a sua missom.

Conclusión[editar]

A través destas liñas o EG tratou de expor a necesidade da violencia revolucionaria, a súa orixe, o método de análise, a súa definición e principios, a estratexia e a táctica actual. A tarefa está iniciada (sempre é unha continuidade) e as condicións obxectivas non son as mesmas do 74 nin do 80.

Só quen teña conciencia real de asoballado e explorado terá a forza precisa para levar o proxecto adiante. Só a clase traballadora galega está hoxe capacitada para ser o motor do EG, buscando alianzas cos labregos e labregas, cos mariñeiros e coas outras clases populares. Aínda é unha incógnita a descifrar (pola súa importancia cantitativa) a do papel que lle corresponderá xogar ao sector agrario, así como a resolución das súas contradicións (propietarios) dun xeito correcto. Tamén as ten a clase traballadora no seu seo: INTG, CXTG, CCOO, non afiliados.

A complexidade, sincronización, seguridade, compartimentación e recursos para construír esta máquina humana que aspira a ser instrumento armado ao servizo do pobo non foi doada. Aínda é moi cedo para facer valoracións. Quen arrimamos o ombro xa sentimos un pequeno orgullo e recompensacións, malia o curto andar.

Se o exemplo do EG ficase nun sacrificio voluntarioso seria unha frustración máis. Aínda así, en calquera parte da Terra os procesos de consolidación das organizacións armadas revolucionarias non coallaron nin cimentaron dun xeito sinxelo, programado e ordenado, onde todo estivese previsto. SOMOS OS GALEGOS E AS GALEGAS OS QUE TEMOS QUE RESOLVER ESTAS CUESTIÓNS E ACERTAR. Foi despois de moitos intentos e frustracións (lei da dialéctica) que outros pobos e combatentes aprenderon. Tampouco chega con soltar amarras e embarcarse no rumbo da loita armada; o pobo ten que asegurarse de chegar san e salvo á outra ribeira, e comprobar de antemán que o prezo que vai pagar compensa.

O EG anda niso, en chegar ao eslabón decisivo que ata, somete e oprime ao pobo galego. Chegar a esta meta, isto é, conquerir a Independencia e o Socialismo, é un proceso longo e duro, e ademais cómpre atinar na análise das condición obxectivas ou reais.

Xamais o Estado opresor recoñecerá o dereito a ser libre a un pobo sometido (alteraría o seu status), sendo sempre a loita pola Independencia e o Socialismo un acto ilegal para o opresor.

Na técnica e concepción contemporánea da Guerra Revolucionaria non é fundamental a delimitación de grandes frontes (como na concepción clásica) nin a concentración total do fogo nun espazo concreto. Un puñado de guerrilleiras e guerrilleiros, se dominan as leis da ciencia liberdadora da violencia revolucionaria, poden desgastar continxentes de forzas realmente superiores, chegando a demostrar que a pesar da desproporcionalidade dos medios e recursos dos dous combatentes; unha forza reducida pode atacar ao opresor e rachar o tópico da súa invencibilidade.

Coñecer as experiencias doutros pobos, nun século cheo de vitorias para os movementos de LNeS, é impostergábel. Desde Cuba ao Vietnam, de China a Alxeria, de Irlanda a Nicaragua, desde O Salvador ao Sahara... As vías liberdadoras teñen tal riqueza espiritual e material revolucionario que descoñecelas é imperdoábel. A guerrilha faz-se praticando-a. A necessidade de saber, de fazer e de prever é a que vai animar e obrigar a estudar, investigar e provar. Assim fizeram os demais e assim está a fazer o EGPGC.

É o ódio que gera a opressom, a dor da injustiça, a bílis que produz a exploraçom, a imposiçom do idioma espanhol, etc, o que dá força para soportar os sacrifícios e privaçons, a tortura, a cadeia ou a entrega da própria vida.

Independentemente de que o EG fizesse uma análise que justificasse o caminho das armas, é preciso que o povo galego o assuma. A validez da violência revolucionária só será viável na medida em que a interrelaçom e desenvolvimento das etapas e campanhas tácticas seja reconhecida realmente em expressons ou exteriorizaçons populares medíveis. Sera o futuro quem clarifique o presente começado.

O EG apoia a todos os partidos, organizaçons, colectivos, ou independentes que lutam e compartem o mesmo projecto : Independência e Socialismo. Está convencido da legitimidade que o guia e só reconhece como tribunal ao povo galego.

O sendeiro foi, é e será, longo e duro. Mas um povo temperado no sufrimento da resistência secular à escravitude, ao feudalismo, à emigraçom, ao capitalismo e ao imperialismo de toda caste, nom se conforma com farangulhas. Singelamente quer e luta por ser livre, por desenvolver as suas forças humanas e materiais e por viver em paz e harmonia com todos os povos do mundo, especialmente com os vizinhos, aos que está unido por vínculos históricos e culturais.

A LIBERDADE HÁ QUE CONQUERI-LA !

I N D E P E N D Ê N C IA ! ! !

VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA !!!

ANTES MORTOS QUE ESCRAVOS !!!

Galiza. Julho de 1988. ÍNDICE

Sobre o autor[editar]

O autor EG, é un anónimo poeta que nin foi diplomado pola Universidade de Harvard nin ten título ningún de doutor honoris causa.

Aprendeu a soletrear no banquiño do fallado dunha vella casa, rexentada pola bimba dun ex-garda civil da posguerra, ou posibelmente en calquera coelleira das importadas de España.

O seu traballo, nunha linguaxe común, é un berro entre o humano e o ouveo lobisomil. As imaxes que presenta son evolutivas e actuais, claras e rotundas. Recollen as bágoas dos seculares socalcos amandiáns e as figuras rosalianas das canterías compostelás.

Entre o poema da Revolución Nacional Popular e a glotal estridente Independencia! non hai separación. Entre o Poder Popular e o seu outro poema Socialismo non hai contradicións antagónicas. Só que EG pretende mostrar ao seu pobo a madurez dos feitos, dos conceptos, das ideas e iniciativas.

EG posibelmente sexa recompensado coa soidade de calquera cadaleito herrerián, lleseriám ou monterrosián. Talvez coa metralla da súa onda liberdadora sen pegadas ou sexa ultimado no chan por chumbacentos raios picoletos, castaño-beiges ou sociais, gibraltareños-tatcheriáns ou españois.

A esperanza dunha nova vida, nunha sociedade autentica, lonxe de paraísos celestiais, é o que lle dá vida e sustento. Se os nosos fillos, atopan unha Galiza que Sexa, un pobo que rexente, un Estado propio, sen fronteiras nin alfándegas, sen máis delimitacións que as da conciencia dunha comunidade nun estadio social novo, sen patriarcas nin opresores, serán fecundacións deste autor e de autores semellantes.

O noso autor non perde a visión latente dunha fin palpábel a desfrutar, a amar nun mañá non tan afastado unha Galiza Ceibe e Socialista.