Usuario:MediaWiki message delivery

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Esta conta está proporcionada pola extensión MassMessage de MediaWiki e envía mensaxes aos usuarios a petición dos mesmos. Calquera usuario co dereito "massmessage" pode enviar estas mensaxes a través da páxina Special:MassMessage nun wiki local. As mensaxes tamén se poden enviar desde Meta-Wiki a calquera wiki.

Para revisar o envío das mensaxes, consulte o rexistro de envío de mensaxes en masa. O rexistro en Meta inclúe envíos de mensaxes globais, mentres que o rexistro local de cada wiki mostra o envío de mensaxes locais para esa wiki.

Para ver rapidamente quen enviou certa mensaxe, hai un comentario oculto no texto fonte da mensaxe, que indica quen a enviou, dende que wiki foi enviada, e que lista de entrada se usou. Se non desexa recibir máis mensaxes, engada a súa páxina de conversa a Category:Opted-out of message delivery.

Aínda que este usuario ten dereitos de bot, só marca as súas edicións coa bandeira de bot cando deixa mensaxes nas páxinas de conversa de usuarios.

Véxase tamén