Saltar ao contido

Usuaria:Elvire/Traduction du chat noir de Poe

En Galifontes, o Wikisource en galego.

BROUILLON O Gato Negro (Edgar Allan Poe) Esto é unha tradución ao galego do texto francés traducido do inglés por Charles Baudelaire, polo tanto non estou segura que sea oportuno. Relativamente á moi estraña e non obstante moi familiar historia que vou deitar por escrito, non espero nin solicito o crédito. Verdadeiramente, estaría tolo de esperar tal cousa, nun caso onde os meus sentidos mesmos rexeitan o seu propio testemuño. Así e todo, non estou tolo,- e moi seguramente non soño. Pero mañá morro, e hoxe querería descargar a miña alma. O meu propósito inmediato é de poñer diante do mundo, claramente, sucintamente e sen comentarios, unha serie de simples acontecementos domésticos. Nas súas consecuencias, estes acontecementos aterrorizáronme, - torturáronme, - aniquiláronme. Non obstante, non intentarei elucidalos. Para min, apenas presentáronme só horror; - a moitas persoas pareceran menos terribles que barrocos. Máis tarde quizais se encontrará unha intelixencia que reducirá ao meu fantasma ao estado de lugar común, - algunha intelixencia máis tranquila, máis lóxica, e moito menos excitable que a miña, que non encontrará nas circunstancias que conto con terror máis que unha sucesión ordinaria de causas e de efectos moi naturais.


Dende a miña infancia, era anotado pola docilidade e a humanidade do meu carácter. A miña tenrura de corazón era mesmo tan destacable que fixera de min o xoguete dos meus camaradas. Estaba particularmente toliño dos animais, e os meus pais permitíranme posuír unha gran variedade de favoritos. Pasaba case todo o meu tempo con eles, e non era nunca tan feliz como cando os alimentaba e os acariciaba. Esta particularidade do meu carácter acrecentouse co meu crecemento, e, cando me volvín home, fixen del unha das miñas principais fontes de praceres. Para os que consagraron un afecto a un can fiel e sagaz, non necesito explicar a natureza ou a intensidade dos gozos que se poden sacar del. Hai no amor desinteresado dun animal, neste sacrificio dil mesmo, algo que vai directamente ao corazón do que tivo frecuentemente a ocasión de comprobar a feble amizade e a fidelidade de gasa do home natural.


Casei cedo, e fun feliz de encontrar na miña muller unha disposición simpática á miña. Observando o meu gusto por estes favoritos domésticos, non perdeu ningunha ocasión de procurarme os da especie máis agradable. Tivemos paxaros, un peixe dourado, un bonito can, coellos, un pequeno mono e un gato.

Este último era un animal forte de forma destacable e fermosos, totalmente negro, e dunha sagacidade marabillosa. Falando da súa intelixencia, a miña muller, que no fondo non era penetrada pouco de superstición, facía frecuentes alusións á antiga crenza popular que lles atinxía a todos os gatos negros como bruxas disfrazadas. Non é que fose sempre seria sobre este punto, - e, se menciono a cousa, é simplemente porque iso volveme, niste momento mesmo, á memoria.

Plutón - era o nome do gato, - era o meu preferido, o meu camarada. Eu só, daballe de comer, e seguíame na casa onde queira que ía. Nin sequera era sen pena como conseguía impedirlle seguirme nas rúas. A nosa amizade subsistiu así varios anos, durante os cales o conxunto do meu carácter e do meu temperamento, - pola operación do Demo Intemperancia, arrubio de confesalo, - experimentou unha alteración radicalmente mala. Volvinme día en día máis triste, máis irritable, máis despreocupado dos sentimentos dos outros. Permitinme de empregar unha linguaxe brutal con respecto á miña muller.