Saltar ao contido

Sospiros ô vento

En Galifontes, o Wikisource en galego.
SOSPIROS Ô VENTO

   A miña criada
Fuxíu para Caldas:
O amo... chorando
Por ver que lle tarda.
   Non tèn quen lle fregue,
Non tèn quen lle barra,
Nin bote un remendo
N'o forro d'as calzas.
   Agora o Morito
Non sale d'as camas,
Nin pilla as formigas,
Nin pesca as arañas:
   Axexa ó paxaro
Que brinca n'a xaula,
E estoume temendo
Algunha desgracia.
   Si quèr vel-o vivo
Decille, rapazas,
Que axiña se veña
Para a sua casa.

Julio; 1873.