Soneto de Dona Isabel de Castro e Andrade a Don Alonso de Ercilla
Aparencia
Soneto de Dona Isabel de Castro e Andrade a Don Alonso de Ercilla Isabel de Castro e Andrade 1578
Aracana naçaon, máis venturosa,
máis que quantas hoge ha de gloria dina,
pois na prosperidade e na ruína
sempre envexadas estás, nunca envexosa.
Se enresta o ilustre Afonso a temerosa
lança, se arranca a espada que fulmina,
creio que xulgareis que determina
só o conquistar a terra belicosa.
Faraa, mais não temais essa mao forte,
que, se vos tira a liberdade e a vida,
ela vos pagará ben largamente.
Que, a troco dúa breve e honrada morte,
co seu divino estilo, esclarecida
deixará vossa fama eternamente.[1]
- ↑ Gómez Sánchez, Anxo; Queixas Zas, Mercedes (2001). Historia xeral da literatura galega. Edicións A Nosa Terra. p. 82. ISBN 84-95350-79-3.