Soneto XV da Vita nuova, do Dante

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Soneto XV da Vita nuova, do Dante       Antón Losada Diéguez       1918
 


Publicado no n.º 61 da revista A Nosa Terra o 20/7/1918.


Soneto XV da Vita nuova, A Nosa Terra n.º 61, 20 de xullo de 1918, p. 3.JPG
SONETO XV DE LA VITA NUOVA
DO DANTE

Tan xeitosa paresce e recadada
A dona miña s'ela a outro saúda
Qu'a lingua s'esmorece e queda muda,
Y-os ollos non atreven a mirada.
Ela vaise sentíndose gabada,
Mainiñamente, qu'a omildá ll'axuda:
Si é unha cousa, n'o ánimo pon duda,
D'o ceo â terra n'un milagre dada.
Y-amostra tal feitizo a quen-a mira,
Y-o curazón c'os ollos da un dozore,
Que non pode entender quen non-o proba.
Paresce que c'os beizos ela mova
Un esprito soave cheo d'amore,
Qu'â y-alma vai dicíndolle: sospira.



Publicado postumamente no n.º 71 da revista Nós o 15/11/1929.[1]


Soneto XV da Vita nuova, do Dante.jpg
SONETO XV DA «VITA NUOVA»,
DO DANTE


     «Tanto gentile e tanto onesta pare...»


Tan xeitosa parece e recadada
A dona miña s'ela a outro saúda
Qu'a lingua s'esmorece e queda muda
Y-os ollos non estreven a mirada.
Ela vaise sentíndose gabada,
Mainiñamente, qu'a omildá ll'axuda:
Si é unha cousa n'o ánimo pon duda,
Do ceo â terra n'un milagre dada.
Y-amostra tal feitizo a quen-a mira,
Y-ô curazón c'os ollos da un dozore,
Que non pode entender quen non-o proba.
Paresce que c'os beizos ela move
Un esprito soave cheo d'amore,
Qu'â-y-alma vai dicíndolle: sospira.

Notas[editar]

  1. N.º 71 da revista Nós en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén[editar]