Romance das dúas beatas

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


Romance das dúas beatas       Xoán Manuel Pintos       1845
 



-“Mira Pepa: ¿non lle viches
o vestido a doña Eustaquia?
–Non muller. –Pois míraa logo
-¡Que chea vai! ¡que afufada!
–Mira estoutra o que parece.
-¡Ai Xesús que esgumiada!
-¿E que leva na cabeza?
–Non che sei como lle chaman.
–E levan rosas tamén.
-Vaia un demo ¡o que elas arman!
Para parecer bonitas
non saben o que elas fagan.
-¿El é certo de que algunhas
dis que se pintan a cara?
–Demo non digas, mais non;
o que si fan é lavalas
co’agua de moito olor
que lle chaman lavalanda.
–Tamén a unha vin eu
escurrirlle a un ovo a clara,
e despois fregar con ela
o pescozo e mais a cara.
-¡É moito conto o que fan!
pero o que a min máis me pasma
é que asta dentes postizos
dis que poñen. -¡¡Santa Bárbara!!
–Si muller, non te presines.
–Trapalleira, cala, cala.
-¿Logo tampouco creerás
que cos señoritos falan?
-¿E como fan logo entonces
para?... ¡ui que pulga, caramba!
Que picotazo me dou,
seica tiña o demo a rabia”


Bibliografía[editar]