Rima I
Aparencia
Rima I Gustavo Adolfo Bécquer
Eu sei un himno xigante e estraño
que anuncia na noite do alma unha aurora,
e estas páxinas son deste himno
cadencias que o aire dilata nas sombras.
Eu quixera escribilo, do home
domando o rebelde, ruín idioma,
con palabras que fosen a un tempo
suspiros e risas, cores e notas.
Pero en vano é loitar; que non hai cifra
capaz de encerralo, e apenas, oh fermosa!
Se, tendo nas miñas mans as túas,
puidera, ao oído, cantarcho a soas.
Este texto é unha tradución. Vexa a obra na súa lingua orixinal en: Rima I
| ||||||