Rima

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


Rima       Manuel Antonio       Novembro de 1919
 


Chove, de xionllos, chove.
Cantiga d’a boa dor.
A choiva xa non se move.
O sono d’o mal amor.

As horas van recolleitas
n-un querer que non sei que é.
Morren lá lonxe, desfeita,
as badaladas sin fe.

N-as ruas deitan as tellas
un son silandeiro e xordo.
N-o alaudo d’un trascordo
as fraternidades vellas.

Chove, de xionllos, chove.
O cantar d’a boa dor,
materno e fraterno, emove
o sono d’o mal amor.

Santiago, novembro, 1919