Saltar ao contido

Rico ou probe algun dia

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Rico ou probe, algún día
¡con qué contento e pracidez folgaba!
I agora, probe ou rico, ó desdichado
¡todo, todo lle falta!

En balde veñen días, pasan anos,
e inda sigros pasaran.
Si hai abondosas fontes que se secan,
tamén as hai que eternamente manan;
mais as fontes perenes nesta vida
son sempre envenenadas.

Nelas o esprito que ofendido pena,
na humidá enferma do rencor se baña,
sin que dado lle sea
beber do olvido nas saudosas augas.

¡Odio, fillo do inferno!,
pode acabá-lo amor; mais tir n'acabas,
mamoria que recorda-las ofensas,
Sí, sí, ¡de ti mal haia!