Quand'eu a Sam Servando fui um dia daqui

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Quand'eu a Sam Servando fui um dia daqui (B 1142 / V 734)       Johan Servando      
 


Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142.


Quand'eu a Sam Servando fui um dia daqui
fazê'la romaria e meu amig'i vi,
direi-vos com verdade quant'eu del entendi:
muito venho pagada
de quanto lhi falei;
mais há m'el namorada
que nunca lhi guarrei.

Que bõa romaria com meu amigo fiz,
ca lhi dix', a Deus grado, quanto lh'eu dizer quis,
e dixi-lh'o gram torto que sempre dele prix:
muito venho pagada
de quanto lhi falei;
mais há m'el namorada
que nunca lhi guarrei.

U el falou comigo, diss-m'esta razom:
por Deus, que lhi faria? E dixi-lh'eu entom:
"Haverei de vós doo [e]no meu coraçom";
muito venho pagada
de quanto lhi falei;
mais há m'el namorada
que nunca lhi guarrei.

Nunca m'eu desta ida acharei senom bem,
ca dix'a meu amigo a coita 'm que me tem
o seu amor, e cuido que vai ledo por en:
muito venho pagada
de quanto lhi falei;
mais há m'el namorada
que nunca lhi guarrei.