Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi/Disposicións finais

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi: Disposicións finais       Parlamento Vasco       2004
 


Disposicións finais[editar]

Primeira

O modelo e réxime de relación política entre a Comunidade de Euskadi e o Estado español regrado no presente Estatuto político sucederá e substituirá, á súa entrada en vigor, ao que fora aprobado pola Lei Orgánica 3/1979, de 18 de decembro, de Estatuto de Autonomía para o País Vasco, e quedarán derogadas cantas leis e disposicións se opoñan ao previsto no presente Estatuto.

Segunda

O presente Estatuto político será publicado no Boletín Oficial do País Vasco e no Boletín Oficial do Estado. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do País Vasco.


Anterior:
Disposición transitoria
Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi (Último)