Saltar ao contido

Proel/Romaxe

En Galifontes, o Wikisource en galego.


       ROMAXE

   ¡Santo Cristo de Xende...!
¡Roxa e mol terra do pan...!
Na longa agulla do rio
vai enfiado o luar.

   Pol-a estrada cobregante,
ate a tua porta van
de xionllos as estrelas,
para arder no teu altar.

   Fuxiron as bateladas
ao despertal-a mañán,
antre xílgaros e merlos
pol-o bosque a rebuldar.

   De lonxe a gaita grileira
chega falando co mar.
Nas risadas dos muiños
vai envolveito un cantar.

   Nos picheles de espadeiro
estase o sol a afogar,
domente o violín do cego
somella o chiflo de Pan.

   ¡Santo Cristo de Xende...!
¡Roxa e mol terra do pan...!
Pastan as nubens na frouma
dos piñeiros mais lanzals.