Saltar ao contido

Proel/Foguete

En Galifontes, o Wikisource en galego.


            FOGUETE

   Rube o foguete ás outuras
facendo sega de estrelas
¡Dourad ooutono de gachos!
¡colleita das luces secas!

   Como pedradas os tira
o labrego fogueteiro,
escachando con estrondo
o vidro do outo ceo.

   Beira do río, os tellados
empúrranse a coller canas,
e con medo de rapaces,
engorripan as espaldas.

   No queipo do val caíran
xa serodios, os luceiros,
como os acios de albariño
nas vendimas do setembro.

   Aló, no lonxe da ría
o aldeán vento mareiro,
botando escumas de foulas,
arremeda ao fogueteiro.