Pregón ano 2001/Antroido Ribadeo
Pregóns do entroido de Ribadeo
Ano 2001
Pregoeiro: Gilberto Suárez Méndez
Buenas tardes, ou mellor dito noites xa, señoras e señores, gracias pola vosa presencia neste sencillo Pregón do Carnaval do noso pueblo.
Agradezco á Comisión, que un pouco contra reloj está organizando os festejos populares do Antroido de este primer ano do siglo e do milenio, o agradable compromiso que me brindaron, e que eu aceptei de forma voluntaria. Vou a utilizar, ou melior dito xa lo estou facendo, o gallego de Ribadeo, o que aquí falamos desde sempre, eu concretamente desde o ano 36, no que nacín en Cabanela, criándome na de Ibáñez, céntrica e cordial por lo menos de aqueia, como si de unha gran familia se tratase...
Por eso non me resulta demasiado difícil recordar o Carnaval, chamémoslle antiguo de Ribadeo, aquel Carnaval prohibido, gracioso e espontáneo, xa que esa gracia e a chispa, o ingenio, en resumen surgía sempre ou casi sempre, calle abalxo e os protagonistas vivían na súa maior parte nas de San Miguel, Fonte Nova, Antonio Otero, Fernando III o Santo, Amando Pérez, Trinidad, Obispo Veres, Ibáñez, Buenos Aires, Fonte Cavada, Rúa Nova, e tamén en Cabanela e Porcillán; pois todos viñan hacia o Cantón disfrutando eles e para que gozasen os demás, sobre todo os nenos...
Eu, o Carnaval de Ribadeo, o que conocín e no que paríicipei algunhas veces, catalogaríalo en tres épocas ben diferenciadas entre sí, e que serían: a época antigua, a intermedia e a actual.
Pola década dos 40 e anteriores, situaría o Carnaval Antiguo de Ribadeo, aquelas celebraciois orixinais e callejeras que Pancho Maseda tolerou e o hermano Isidro perseguíu a capa e espada máis tarde, non podía ver as máscaras...
Hoxe, sin ningún reparo, como ten que ser, celebran o Carnaval nos colegios religiosos de todo o Estado, os nenos pásanlo en grande, e penso que tamén os profesores.
Nas fechas as que me estou referindo, houbo ribadenses como Cándido do Rato (Carrancas), O Tili, Varela o Barbeiro, ManolÍn das Rebertas, o Texas, Toñito o Gasparito, o Chícaro, Rosario Parga da paragüera, Alberto do Chono, César de Valle, Toñito o Serranillo, Xoquina, xente en definitiva con gracia e salero, que facían as delicias do público en general e dos picaros en particular, os chiquillos sí que gozábamos...
Un Martes de Carnaval, Toñito o Gasparito, Carrancas e César de Valle, entre outros, invitaron a Xoquina no Bar Asturias, todavía estaba don Cristóbal ó frente do negocio. Logo, con un plexiglás da cuñada de Toñito, tamén se disfrazou ela, e por os bares íballes recollendo as voltas, voltas de pouco importe desde logo, xa que o vaso de viño valía daqueia sobre 50 céntimos. O caso é que Xoquina, xuntou tres pesetas en todo o tempo, e de ahí ven aquel dito tan chocante que ela tina: "Tres pesetas pouca cousa, tres pesetas seis pesetas, tres pesetas pouca cousa...". Ben sabemos que Xoquina tina unha gracia especial, sobre todo á hora de falar do seu reloj, que era inglés e falaba o galego.
E eu, desgraciada de mín, vendinlio ó do Rancho Grande por cinco pesos, e terminaba decindo: Cunga, cunga, catacunga, final da parodia cómico picaresca, da non menos pícara (no bon sentido da palabra) Xoquina.
En Ribadeo, que foi e sigue sendo un pueblo con ingenio enorme, temos mote todos, e eu empleólo con respeto e cariño cuando por ese apodo menciono ós demáis, a xente amiga, que muitos de eles xa se foron...
Por encima de todo está a sincera amistad, o aprecio mutuo e o saber estar de aquela maravillosa xente, que hoxe temos que botar de menos á hora de falar do Carnaval e a moitas más horas.
Da Época Intermedia, que eu situaría na década dos 60, facéndoa extensiva, ó meu entender, hasta camín dos 80, a dictadura suavizárase un pouco, e os que nos disfrazábamos, que fumos un montón, podíamos poñer careta si nos apetecía, sin ningún problema.
Recordó muitas cousas de esta época de juventud, os preciosos disfraces, por ejemplo, que todos os anos paseaban por o pueblo, e na sala de festas Rosa-Lar, polas noites: as de Pío, as de Fariñas, Antoñita de Veremundo, Pili Real, Maraña do Electricista, Purita de Lugo (que en paz descanse), prima das de Pío precisamente, e que tiñan en Lugo o comercio Novedades Luz; vestidas todas iguales, con disfraces originales sempre, o mismo iban de negritas, que de bruxas, que de pinos resinables cuando o camelo de Renosa estaba en candelero. Pois nosoutros, ó ano siguiente, disfrazábamosnos con a roupa que elas nos prestaban e que usaran pa esos menesteres o ano anterior, e aquí teño que mencionar e quero facerlo, a Pepín Merdiña e a O Bolita (os dous por desgracia fallecidos), os cuales, con Ginzo, Teixeira, Víctor Sotelo e outros, despois de tomar unhos torpedos en Casa Miguel Guisan, na Mina ou mismo na Flor, gozábamos de aqueles carnavales cordiales, humildes e desde logo con futuro, que foron preludio de estos actuales encuadrados na Época a que lle dou ese nombre precisamente.
De esta Época Actual e presente que vivimos xa e seguimos vivindo de momento, vénseme á memoria o avance no ano 81, do que iba a ser o Carnaval organizado de Ribadeo, cuando con un carro e muita xente, vestidos de xitanos, pensamos que po ano siguiente, po 82, tínamos que facer algo entre todos, pa poner o Carnaval noso á altura que o pueblo se merecía (Víctor Álvarez Lenza, Víctor da Morteira, era sin lugar a dudas o patriarca do clan).
Efectivamente, xuntámonos hasta vintecinco personas pa que aquelo puidera suceder, ser posible, e preparouse un Antroido que nos deixou contentos, e varios continuamos na Comisión po ano 83 siguiente. Empezouse más tarde a pedir por o Comercio e por as casas, e a verdad e que a respuesta do pueblo foi magnífica, gustaba o Carnaval, e a xente quería que lo houbese sempre...
Si me preguntasen cuál foi o ano mellor, cuándo houbo máis ambiente en Ribadeo, cuándo a xente invadíu a villa de forma increíble, eu diría que a noite do sábado día 20 de febreiro de 1988, non se cabía en Ribadeo.
Queimábase o Antroido de 13,32 metros de altura, con o cual o pueblo de Ribadeo conseguía pro primeira vez na súa historia, o Récord Guinness, un récord que non sólo ganaron Fernando e Choli (autores materiales do gigantesco muñeco, o que o meu filio, que tina tres anos e medio de aquela, chamaba o Cacho Bicho, nin tampouco en exclusiva da Comisión organizadora do, Carnaval 88, xa que muitos amigos axudaron de forma decisiva pa que o Récord Guinness poidera lograrse. Entre toda esta xente colaboradora de aquela e pensó tamén que de ahora mismo, hai personas como Pertejo, que non cobraran un peso por ter todo o día a grúa a disposición da Comisión, dos que situaron o enorme Antroido no seu lugar, donde iba a ser queimado.
Ángel Pedrosa e Tino de Astilleros da Vilavella, regalaron toda a leña que fixo falta pa cuantas operaciois gastronómicas se fixeron, Sergio o contratista prestou o camión po que se necesitase, as pescaderías da Plaza de Abastos pouco ganaron con nosoutros ou nada en verdad, á hora de vender sardiñas, mexillois, ou o que fora, xa que nos facían un precio excepcional de verdad.
Os almacenes e cooperativas de bebidas, regalaron os seus productos en muitas ocasiois e muita xente amiga, muita estuvo disposta en todo momento, de forma voluntaria e espontánea a botar unha mao no que se precisara.
Esta foi a forma, a única forma posible, de poder conseguir po noso pueblo un récord Guinness, tras da oportuna acta notarial que a estos efectos levantou sin cargo algún para a Comisión, o titular de aquela en Ribadeo, don Carlos León Matorras.
Logo inscribiuse no Libro dos récords de Editorial Maeva, pa xa seguidamente e a través de Ediciones Jordán, inscribilo no libro Guinness dos Récords, de cuia veracidad además dos diplomas acreditativos, está o propio libro que lo certifica.
Houbo alguén a quen lle sentou mal, o que Ribadeo fose capaz de ter unión e alcanzar éxitos colectivos, como este que comentamos, e con manifiesta mala leche puxo en duda a verdad do suceso, que logo tuvo que tragar porque lie demostramos con datos legales e abrumadores, que nin nosoutros nin o noso pueblo, éramos unhos embaucadores...
O caso foi que (repito de novo) o pueblo de Ribadeo, a villa excepcional que nos veu nacer, conseguía no 88 un valioso e deseado Récord Guinness, non sólo por a gracia de Dios, sinón tamén por que os seus fillos, xuntáronse pa alcanzarlo. Contamos tamén de aquela, e en máis ocasiois por cierto, con a axuda importante da Diputación Provincial, e a través do seu presidente e vicepresidente primeiro, subvencionáronnos un precioso libro programa a todo color, sin propaganda comercial, fixéronnos de forma gratuita cantidad de murales e aportaciois de tipo económico, por o cual non teño ningún reparo, de ningún tipo, en decirlo públicamente, pese a cualquer outra circunstancia non coincidente.
Eu, como simple e humilde pregonero, e tal como era a miña obligación, xa vos din as gracias a todos por estar in situ nesta fantástica sala de testas Rosa-Lar, que sempre o seu dueño prestou de forma totalmente gratuita pa celebraciois de todo tipo, pero como miembro da Comisión de Camavales que fun durante por lo me nos unha década, quero agradecer ahora que podo, desde este mesa, as axudas espontáneas que nos brindaron antes e siguen facendo ahora, por ejemplo, á hora de picar castañas no Magosto.. Perpetua da Gallega e a súa filie María del Mar, Ramona da Corbella, Maruja da Morteira, María de Carmen da Garabata, Minerva e Araceli Vacas, Mirta e Ana, Rosita Montero, Tita de Pío, Marisol (que en paz descanse), Raquel, Cristina, Mary de Motorín, Cándida de Antonio o taxista, Fernando Bellón, e algunhas outras que sinto de verdad non recordar.
Como anécdota curiosa, recordo o que xa alguén manifestou, i é o siguiente: Un ano no que eu estuven ns comisión de carnavales, o alcalde de turno en aquelos momentos (sin culpa algunha por cierto) aconseilóunos que non sacásemos á calle o famoso Cocho de Carnaval, por ter unha orden de gobernador en tal sentido.
Nosoutros fixemos o que tínamos que facer, que era pasearlo por as calles do pueblo e vender rifas de paso.
O alcalde foi o primeiro en felicitarnos, e Carlos O Xestal, foi cuando dixo en todos os medios informativos: "Nunca vin na miña vida un cocho mellor tratado que o dos Carnavales de Ribadeo..."
Si a mín me preguntasen que é o Carnaval, eu contestaría, pensando sempre no de Ribadeo, que é o que conozco, e añadiría:
O Carnaval noso, é Víctor Alvarez Lenza (Víctor da Morteira) que ejerceu de compañeiro e de amigo, muito más que de presidente, sempre se considerou un más dentro da Comisión, é Casiano Posada (Pozas), por desgracia fallecido, que lo vivía como poucos, é Pepín de Pérez (Pepín do Carnaval, como lie chamaba Ga-mallo Fierros), é Enrique Lenza, que colgaba as bandeiras casi sin escaleira, é o Felechu, que son como de Ribadeo, son Julio e Saribel, artistas e creadores de disfraces increíbles, son as charangas de Ribadeo, un lujo desde logo, é Secundino de Peixes Dina, que é o auténtico pregonero da testa, son ou foron desde logo: Fariña, Pastrana, Vidal e Cima, que ás sete da maná axudábannos á poñer as bandeiras, cuando caían as maos de frío; son por encima de todo os que las organizan, e son Carnaval en definitiva todos os que fixeron e tan cousas pa que a festa prosiga...
Propondría unha sugerencia que non teñen porqué aceptar os responsables, e que consiste no siguiente: queimar de novo o Antroido, si non é dun tamaño grandísimo, xunto as escaleiras de éntrente ó Ayuntamiento, o cual lle evitaría á xente baixar ó Muelle e o ambiente non se rompería como está sucedendo ó queimarse na escollera.
Entre as distintas formas de vivir o Carnaval e as épocas diferenciads, entre o Carnaval espontáneo e gracioso de antes, e o organizado de ahora, quedaríame con este último, con este de ahora, por ser o que ofrece cousas antes impensadas, desfiles e actos que teñen que estar previstos, pero quédame un entrañable recuerdo do Carnaval da nosa infancia e juventud.
Que este Carnaval de hoxe, o Carnaval primeiro do siglo e do milenio, vos sea propicio, que a salud e a alegría vos acompañe a todos; ese é meu deseo.
- Voltar a Pregóns Antroido Ribadeo