Pregón ano 1998/Entroido Ribadeo

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Pregóns do entroido de Ribadeo

Ano 1998

Pregoeiro: José Luis Trashorras Méndez

Miñas donas, boas tardes,

boas tardes, cabaleiros,

saúdos as autoridades,

a benvida os forasteiros.

TEMPUS FUGIT. ¡Como pasa o tempo! Paréceme que foi onte cando na escalinata da Casa do Concello, previa a entrega de premios dos Carnavales do '87, facía a presentación o que vos fala dun xeito totalmente espontáneo, acompañado, eso sí, pola música da polca "O barril de cervexa" que interpretaba o grupo asturiano "El Felechu". Recordo igualmente con louvanza cando a charanga ribadense "Os pintas" me fíxo entrega dunha culleriña co escudo de Ríbadeo para a lembranza daquel antroido. En fin, pasaron os anos, e cando xa parecía que éste tocaba de abstinencia carnavalesca, voltan á carga este entusiasta, insustituible e xa clásico grupo de ribadenses que non se lles ocorre mellor cousa que acordarse de min para pregoeiro. Pois ben, empecei no ano 1985, sendo concellal de Cultura, facendo unha sinxela presentación daqueles restaurados Carnavales, agora, con un mes escaso por diante, acepto de bo grado pregoar unhas xa ben consolidadas festas antroideiras, quizáis no segundo milenio d. de X.C. chegue a disfrazarme.

A palabra antroido ten fundamentalmente dúas significacións, en primeiro lugar festa clásica, moí movida e de moito colorido (son os días de "correr o antroido"), na que aparecen socarronamente invertidos os valores tradicionais da sociedade, facéndose críticas, case sempre en forma de refráns ou ripios ós que eran moi dados os nosos devanceiros, que en moitas ocasións non esperaban a estas datas para facer gala do seu inxenio, tal como é o caso de Daniel Carnota naqueles versos satírico-burlescos cando di:

"O día que aquí botaron

aquelo de FUMANCHU

formouse diante o Teatro

a batalla de Verdún.

Houbo golpes e patadas

car reirás e trompicós

eso pasa neste pueblo

porque somos muy pasmós.

El papel de la taquilla

agotouse a todo ful

chegaba a cola señores

hasta o taller de Fanjul.

A min por casualidad

me tocou, que iba delante

unha señora que estaba

en estado interesante.

Cada vez que la empuxaban

ela me daba no cu

¡En los días de mi vida

vuelvo más a FUMANCHU!

Por certo, expresión esta última que faría fortuna dialéctica entre os ribadenses para significar cando non interesa unha situación complicada ou comprometida.

Non faltaron tampouco outros improvisados poetas ribadenses, que interpretaron as festas que nos ocupan dun xeíto máis trascendental. Tal é o caso dun anónimo colaborador que, no semanario "La Comarca" alá polos Carnavales do ano 1920, publicaba unhas estrofas que remataban con estes versos:

"Mientras que pueda creer

visión que la mente evoca

te amaré con ansia loca

te seguiré con empeño

que amor es gloria en el sueño

y es humo cuando se toca".

poema adicado "A una máscara" que nos recorda os monólogos do príncipe Sexismundo na obra "La vida es sueño", quintaesencia das ideas filosófico-relixíosas do teatro calderoniano, cando trataba de explicar as cuestíóns centradas pola idea do "desengaño" que tanto inquietaban ó home barroco, e polo que de aquí se deduce tamén a algún dos nosos coterráneos dos movidos anos vinte.

En segundo lugar a palabra antroido equivale a persona gorda, descuidada no seu porte e amiga de opíparas comidas. Neste senso emprégase o verbo antroidar, como se comproba nos ditos: "¡Enchete, antroido!, "Estás como un antroido". O mesmo tempo tamén se refire á persoa gorda que se vaí movendo diante dun de forma desaxeitada: "Estate quieto, antroido", "Móveste máis que un antroido". Nembargantes, a comida é un dos pratos fortes destas festas, é a época por excelencia para comer carne de porco: cacheira, rabo, bandullo, longaínza e outras moitas máis, pois como diría Antonio "O Serranillo" en frase sentenciosa e perifrástica: "Desde la cabeza hasta el rabo, todo ha de comerse en el paquidermo marrano". Estas datas gastronómicas rematan normalmente o martes de carnaval, gardándose abstinencia hasta o domingo de Pascua, como afirma esta copla popular:


"Adiós martes de entroido,

adiós, meu amiguiño,

hasta Domingo de Pascua

non comerei máis touciño"

Entre as partes do porco fundamentais para a mesa destes días está como decíamos a cacheira que debe levar as dúas orellas ou cando menos unha delas, entón chámase faceíra. Outra das pezas tradicionais e ritualista é o rabo; lembro cando de neno escoitaba na miña casa o dito popular: "Alegría, alegróte, que anda o rabo do cocho no pote", e donde logo que me preocupaba moito, cando na feira do ano mercaban o porco para a ceba, que iste non fose rabelo. Acompañan na pota a estas viandas a chanfaina que leva mesturado coa carne do cocho outros ingredientes coma algunas visceras e cebola, que a fan voluminosa e moi axeitada para darlle substancia ó caldo. Segundo os lugares e as circunstancias para poder dispoñer dos materiais necesarios, non deben faltar na comida as filloas que se fan de sangue, auga e fariña, ou os freixós que levan leite, auga, ovos e tamén fariña. A repostería máis tradicional dos nosos lares engádelle á mesa as orellas, as chulas e as flores.

É verdade que son fundamentais os alimentos na vida do home e Cervantes recordáballe a Sancho por boca de don Quixote que a saúde do corpo fraguábase na oficina do estómago, ademáis paréceme importante manter viva unha herencia cultural e gastronómica de primeira magnitude, para seguir repitindo neste senso o que os nosos avós aprenderon dos seus avós. Mais permitídeme que como bon galego, que xa leva moitos anos afincado en Ribadeo, e todo se pega, me despida en tono lírico, en verso pero semilibre, sen demasiadas ataduras métricas nin de rima, case espontáneamente, tal como se me foi ocurrindo nestes poucos días de preparación pregoeira.

Martes, trece de Xaneiro,

noite do famoso ventazo,

cando na ponte das Pías

se estrelou o coñecido barcazo;

a sombra de Raimundo Ibánez

vagando está polo seu pazo.

"Voto a Deus -dixo o Marqués-

(con rostro moi enoxado),

falto dous séculos da casa

e todo está moi trastocado.

Falarei con don Francisco, de Goya,

e tamén con Carlos Cuarto,

para que nalgunha das estancias

me coloquen algún cadro,

ademáis doutras prebendas

eu tamén fun deputado".

E unhas voces se oíron con acento denotado: "Según a Gran Enciclopedia Gallega nesta casa el foi nado".

Neste monólogo se atopaba,

o Marqués de Sargadelos,

asomándose a un balcón

da rúa de Villandrando

cando caeu un gran cascote

ca sombra pasou rozando;

menos mal que por enríba,

fora de trasgos e dianos,

vixïaban as cariátides

dende tempos moi lonxanos.

Escoitade as súas verbas

pois falaban moi de calado.

"Xa veremos -decía unha-

si por fin pro centenario

nos teñen o corpo arranxado".

"Non te queixes -comenta outra-

co pobre do Viejo Pancho

solo lle puxeron cabeza

e leváronlle os libros dos baixos".

"¡Ollade!, -gritou a terceira-

xa non hai casa de baños,

no seu lugar se divisa

un edificio abandoado".

E as tres ó unísono exclamaron:

"¡Eso sí que é impactazo!"

Eu con esta me despido

porque ás gaitas lles dou paso.

Disfrutado pois do antroido

co tedes moi ben gañado,

que logo chegará a cuaresma

e dirannos que estamos de paso.

Véxase tamén[editar]