Postal d'Ourense
POSTAL D'OURENSE [1] Risco, Noguerol, Blanco Torres, Montes, Cabanillas e Losada 1919
(Despois d'unha xuntanza que tiveron os irmaos Risco, Noguerol, Blanco Torres, Montes e Cabanillas, enviaron â Irmandade da Cruña o que sigue:)
Saudades. Galicia somo nós. Saudos e lembranzas pra todos de
VICENTE RISCO
¡Terra!
O medo dos nemigos é un elemento que colabora en tódol-os movementos.
ARTURO NOGUEROL
Nacionalismo o revolución.
E. BLANCO TORRES
¡Saudade, non! O menos no conceuto d'evocación do pasado pra volvel-o vivire. Esperanza e fé.
EUXENIO MONTES
¡Terra a nosa!
RAMÓN CABANILLAS
Sexamos activos. Sempre en pe. A non dormirnos mais i-a trabalalr moito, sen acougo. Asín pensamos eu e o Castelao.
A. LOSADA DIÉGUEZ
Notas
[editar]- ↑ A Nosa Terra n.º 107, 5/12/1919.