Saltar ao contido

Polos niños

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Polos niños       Amador Montenegro       1891
 


Galicia Recreativa, n.º 44, 8/3/1892, pp. 646-647.


POLOS NIÑOS

———

(Escena enfantil) [1]

'O MEU AMIGO O POETA SALINAS RODRÍGUEZ

      — Eu ben sei dun niño de melro con tres paxariños e non cho digo.
      — Pois eu sei doutro de sílgaro, que é millor, con cinco ovos; pro lámbete, que non cho insino.
      — Ben che sei eu tamén del iheicho coller.
      — ¿A que non acertas onde está?
      — ¿A que si?
      — Pois dío...
      Deste xeito falaban á porta da escola unha mañán dous rapaces, antigos camaradas iamigos sen duda; pro soporados naquel momento non sei porqué difrénceas no cámbeo dun pizarrillo por un lápiz.
      Mouros ambos e dous por sobra de sol e falta de auga, descalzos de pé e perna, cos libros debaixo do brazo ias gorras postas ó rivés, agardaban a hora de entrada, desfacendo namentras tanto cos dentes un bon anaco de pan de millo.
      Ó fin iatraguidos pola cureosidá fóranse acercando un ó outro e pautando un armistíceo baixo a base de que cada un insinaría ó outro o niño que sabía, coa condición de non tocarlle, quedaron os millores amigos. Despois discutiron a hora en que habían ir ianque ó princípeo parecían incrinarse a facelo á saída da escola, a impacéncea acabou por dominalos ió pouco tempo currían ambos rapaces por entre as silveiras berrando: ¡aquí hai un! ¡vexo dous! ¡Este non é! etc.; e tirando pedras ás peras iás manzás, astra que ó fin
deron co niño dos paxaros.
      — ¡¡Velos!!— dixo o que tiña o sacreto, curtándoo o alento— estache a nai
enriba deles.
      — Non que fuxiu xa, dixo o outro.
      — Pois logo arrímate; pro non lles toques, que si non a nai aborréceos.
      Os rapaces acercáronse, miraron os paxariños aínda cubertos de lan e piando, e siguiron adiante, tirando as gorras polo aire, dando pinchacarneiros iapuntándolle ós paxaros, astra que chegaron ó niño dos ovos.
      — Mira, dixo o que se cría dono, ia ver se andas a modo, que xa fuxiu a nai que estaba apoleirándoos.
      O do niño dos paxaros non puido resisti—la tentación e coidando que o seu compañeiro siguía entretido en desenredar unha silva que se lle agarrara ó calzón, botou a man a un ovo.
      Aquela foi a decraración de guerra: das palabras pasaron enseguida ós feitos ios dous rapaces, emborcallados no chan, zurráronse adimirabremente.
      Cando o furor ou as forzias foran menos, os dous combatentes erguéronse chorosos, cos vistidos lixados, en cen anacos as pizarras e sembrados polo chan os libros coas follas todas soltas.
      Ameazándose terribremente, ambos rapaces botaron cara a súa casa, un detrás do outro; pro sin xuntárense.
      — Deixa que te pille meu irmán, que cha ha dar.
      — Non, pois como te agarre meu pai...
      — Tramposo Rañoso.
      — Heille decir ó Maiestro que fuches ti quen emborcou antes o tinteiro.
      — Pois dillo, verás como che desfago os morros, ladrón, que arroubaches un Juanito.
      — E ti, que lle quitaches a Xaniño un Amigo de los niños.
      Deste xeito, chamándose mil e catro centas chegaron a diante da escola no instante en que saían dela os seus amigos e compañeiros, que ó velos encomenzaron a berrar:
      — Uiiii, Antonciño e Perucho, que lataron a escola.
      — Ambos de dar, ho!
      — E tran partidas as pizarras, ouservou un.
      — Andiveron ós niños, dixo outro.
      E logo, como os dirixira un mesmo pensamento, rodearon ós dous nenos cantando con canta forza podían:

«Latante maior

Roubáchelle as chaves

A Noso Siñor».

      Ante o común mal, os dous enemigos esquenceron seus resentementos e pautando tacitamente unha alianza ofensiva e defensiva, encomenzaron a sacudir golpes á dreita e esquerda. Pronto aquelo pareceu un campo de
Agramante: os libros iban polo aire dun lado pró outro io mesmo camiño levaban as gorras iastra os anacos de pan que prá saída levaban no peto. Aquí caía un que se erguía máis alá cunha pedra na man, fendíanse as pizarras ios berros enxordecían o espáceo.
      De pronto cesou o barullo e todos botaron a correr, recollendo á présa as gorras, as follas dos libros, as pizarras iastra os cinturós ias chaquetas que na refrega se arrincaron uns ós outros: era que pola esquina da calle aparecía a fegura inofensiva pra todos, terrorífeca prós rapaces. Antón e Perucho botaron tamén a correr, pro a súa desgrácea levouos a afuciñar co Maiestro, que saía atraguido polos berros. Excusado é decir que lles custou o encontro un bo tirón de orellas.

* *
*

      Cando á tarde foron chegando os rapaces, Antón e Perucho estaban xa de rodillas no médeo da escola e cos libros na man. Non comeran; pro por eso non esquencían os niños, como proba o siguente diálogo:
      — ¿Hasme dar un melro? –di o Perucho.
      — Se me das un sílgaro e máis dúas formillas... –respondeu Antón.

Amador Montenegro Saavedra


Vigo Diciembre 1º de 1891.

Notas

  1. Publicado en Galicia Recreativa, n.º 44, 8/3/1892, pp. 646-647.

Véxase tamén

[editar]

Bibliografía

[editar]