Perfume exótico
Aparencia
Perfume exótico (As flores do mal) Charles Baudelaire 1857
Cando, os dous ollos pechados, nunha quente tarde outonal,
eu aspiro o recendo do teu seo ardente,
vexo deslizarse ribeiras ditosas
que deslumbran os raios dun sol monótono;
Unha illa preguiceira na que a natureza dá
árbores singulares e froitos saborosos;
homes cuxo corpo é delgado e vigoroso
e mulleres cuxa ollada pola súa sinceridade sorprende.
Guiado polo teu perfume cara a pracenteiros climas,
eu diviso un porto cheo de velas e mastros
aínda fatigados pola onda mariña,
Mentres o perfume dos verdes tamarindos,
que circula no aire e satura o meu olfacto,
mestúrase na miña alma co canto dos mariñeiros.
Anterior: Himno á beleza |
As flores do mal | Seguinte: A cabeleira |