Saltar ao contido

Pelo souto de Crexente

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Pelo souto de Crexente       Johan Airas       Entre 1230 e 1265
 


Pelo souto de Crexente
ũa pastor vi andar
muito alongada de gente,
alçando voz a cantar,
apertando-se na saia,
quando saía la raia
do sol, nas ribas do Sar.

E as aves que voavan,
quando saía l'alvor,
todas d'amor cantavan
pelos ramos d'arredor.
mais non sei tal qu'i'stivesse
que en al cuidar podesse
senón todo en amor.

Alí 'stive eu mui quedo,
quis falar e non ousei.
Empero dixe a gran medo:
-Mia senhor, falar-vos-ei
un pouco, se mi ascuitardes,
e ir-m'-ei, quando mandardes,
mais aquí non'starei.

-Senhor, por Santa María,
non estedes máis aquí,
mais ide-vos vossa vía,
faredes mesura i.
ca os que aquí chegaren,
pois que vos aquí acharen,
ben dirán que máis ouve i.