Parrafeo sentimental

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Parrafeo sentimental       Antón Losada Diéguez       1920
 


Publicado no n.º 113 da revista A Nosa Terra o 25 de febreiro de 1920.
Parrafeo sentimental, A Nosa Terra 113, 25-02-1920.JPG


Parrafeo sentimental
———
(Colloque sentimental, de Verlaine)

N'este vello xardín soilo e lazado
Dúas sombras espertan o pasado.
C'os beizos ertos, seu mirar mortiño
Sin fala van falando paseniño
Po-l-o vello xardín solo e lazado
Dous pantasmas remexen n'o pasado.
- ¿Ulo está aquel amor que nos tivemos?
- ¿Pra que queres que d'ele nos lembremos?
  Xa se foi aquel tempo de pracer
Que xuntou os nosos beizos! - Poida ser.
Que xuntou os nosos beizos! - Poida ser.
Inda en sonos ti ves miña alma? - Non.
- O ceo azul e forte era a esperanza!
- Todo foise, non hai mais que lembranza!
N'o xardín c'a tristura camiñaban
Y-ouía soilo a noite o que falaban.

               ANTONIO LOSADA DIÉGUEZ


Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

  • Marchisio, C., ed. (1999). Traduccións poéticas de Antón Losada Diéguez. Bibliófilos Gallegos. ISBN 84-605-9791-1. [1]

Outras paxinas[editar]