Esta páxina foi corrixida
Contra quen os cans oubean Agoirando triste enterro; Cando relumbrar se miran Antr' os toxales espesos, Cal encendidas candeas Ollos de lobo famento, E os ramallaxes dos montes Antre sí murmuxan quedos, E as follas secas qu' espallan Os aires da noite inquietos, En remuiños se xuntan Con longo estremecemento; Indo camiño da Igrexa, Soya cós meus pensamentos Cabo da fonte da Virxe Pretiño dó cimeterio, Dempois de sentir un sopro Que me deixou sin alento, Eu ben vin estar ó moucho Enriba d' aquel penedo.
- II.
Arrepuïñadas todas As carnes se me puñeron E os cabelos no curuto Fórons' erguendo direitos: Gotas de sudor corrian Afio pó lo meu peito, E trembaba como tremban As auguas cando fay vento, Ná pia da fonte nova