O vento
O vento(Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
O vento é voz de morto
na noite recolleita
O vento ven cheo de loito lonxán
Polo camiño torto
van batendo coas trebas
uns pasos estranos
Si hai luces no cruceiro remordente
rezade polo mozo
que mataron fai tres anos
Encol do monte de Ourense
Vanse acendendo estreliñas
sinxelas e temerosas
Teño a alma valdeira
Deixa oubear a ise can
sentimentosidades soedosas
A hora derradeira
cando chegue
virá talmentes como ista
Quén matou ó suicida?
Quén aforcou ó gato simbolista?
Buscádeme unha hora que perdín
Levo a alma valdeira
estrangoada
ou descomposta
O vento ven de volta de botar
a un afogado na costa.
<<<< | >>>> |